Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 22 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos terreos necesarios para a explotación da concesión mineira da sección C, particular número 6165.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación por Decreto 334/1995, do 21 de decembro (DOG do 5-1-1996), para expropiación dos terreos necesarios para a explotación da concesión mineira da sección C, particular número 6165, da que é titular e beneficiaria deste procedemento expropiatorio a entidade Forjados Rivera, S.A., co enderezo na rúa Argentina, nº 13, 2º Betanzos; faise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación o efecto, que o representante da Administración procederá o día 29 de febreiro de 1996, a partir das 12 horas, ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación dos predios afectados polas ditas instalacións.

A relación dos predios afectados para os que se segue este proceso expropiatorio, publicado no BOP da Coruña, do 23 de abril de 1993 é a seguinte:

Número de predio: 184.

Titular e enderezo: Concello de Mesía, Mesía.

Lugar: Brañas de Balga.

Superficie afectada: 17.100 m.

Clase de terreo: toxal.

Exclúese unha superficie de 8.378 m á que renuncia o beneficiario por comunicación que se inclúe no expediente.

Advíertese ós interesados que no día e hora sinalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, e formular ante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os únicos efectos de

corrixir posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 23 de xaneiro de 1996.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-0533