Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos de obras que se citan (RC-PO-95.5 e outra máis).

De conformidade co disposto no artigo 94.2º da Lei de contratos das administracións públicas, esta

delegación provincial resolve publica-las adxudicacións dos seguintes contratos:

-Clave: RC-PO-95.5.

Título da obra: proxecto de beirarrúas e varandas na ponte sobre o río Verdugo na estrada C-531 ó seu paso por Ponte Caldelas.

Empresa adxudicataria: Corsan Empresa Constructora, S.A.

Importe da adxudicación: 5.743.771 pesetas.

-Clave: RC-PO-95.13.

Título da obra: dotación de servicios e mellora da seguridade vial na estrada PO-233. Pontevedra-Campo Lameiro (Lérez) p.k. 2,200, 3,750 2ª fase. Termo municipal de Pontevedra.

Empresa adxudicataria: Grupo Laim, S.A.

Importe da adxudicación: 36.784.011 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 1996.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

721