Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Transportes pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Guillarei-Tui-Ponte Internacional V-1770; XG-123.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 13 de novembro de 1995, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares Lázara, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Guillarei-Tui-Ponte Internacional V-1770; XG-123, por substitución da concesión V-1770; XG-123, de igual denominación, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Guillarei, Tui e Ponte Internacional.

2. Expedicións.

Guillarei-Tui-Ponte Internacional.

* Catro expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Dúas expedicións de ida e volta os sábados laborables.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 11,4706 pesetas.

-Tarifa usuario: 12,2736 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,7206 pesetas.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

407