Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre San Clemente e Pontevedra, con anexos V-0461; XG-028.

Por Orde do 5 de xullo de 1995, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e Resolución do 18 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, outorgouse, con carácter definitivo, á empresa Manuel y Avelino Garrido, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transportes de viaxeiros por estrada entre San Clemente e Pontevedra, con anexos V-0461; XG-028, por substitución da concesión V-0461; XG-208, entre Cuntis e Pontevedra, con prolongación a San Clemente, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* San Clemente, Estacas, Teaño, Cuntis, Souto, Moraña, Mane, Porráns, San Antonio, Cerponzóns e Pontevedra.

* Moraña, Paraños e Amil.

* Souto e Penagrande.

* Estacas, Casal, Magán, Gontade, Bragaña e Teaño.

2. Expedicións:

San Clemente-Pontevedra (36,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os martes, mércores e venres laborais.

Cuntis-Pontevedra (30,5 km).

* Unha expedición de ida e dúas de volta diarias.

* Tres expedicións de ida e unha de volta de luns a venres laborais.

* Unha expedición de ida e tres de volta os días laborais.

* Unha expedición de ida os luns, xoves, sábados, domingos e festivos.

* Unha expedición de volta os luns e xoves laborais.

Amil-Pontevedra (32 km).

* Unha expedición de ida os días laborais.

Moraña-Pontevedra (24 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborais.

* Unha expedición de volta os días lectivos.

Amil-Moraña (8 km).

* Dúas expedicións de volta os días laborais.

Penagrande-Moraña (4,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os martes, mércores e venres laborais.

San Clemente-Cuntis por Estacas, Magán e Teaño (12,7 km).

* Unha expedición de ida e volta os luns, xoves e sábados laborais.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,3964 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,9841 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,2594 pesetas.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

482