Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.113

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, a Pascuala Campos de Michelena.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 3 de outubro de 1994 (BOE do 25 de outobro) para a provisión da praza número 51/1994 de catedrático de universidade da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo desta universidade, a favor de Pascuala Campos de Michelena, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Pascuala Campos de Michelena, catedrática de universidade da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo desta universidade.

A Coruña, 19 de xaneiro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

95-0619