Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.112

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas de procedementos selectivos para a provisión de prazas de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, en expectativa de ingreso, na Comunidade Autónoma de Galicia.

A resolución do 20 de decembro de 1995 (DOG do 16 de xaneiro de 1996), regula a composición das comisión avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 8 de xuño de 1994, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a composición das comisións cualificadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos para ingreso nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño convocados por Orde do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10), conforme se recolle nos anexos I, II, III, IV, V e VI desta resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección xeral.

Segundo.-Os membros das comisións cualificadoras terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de teren que desprazarse da súa residencia habitual. Para estes efectos quedan

autorizados a utilizar calquera dos medios de locomoción previstos no Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle esta comisión consideraranse incluídas na categoría primeira, as que teñan que avaliar méritos dos corpos correspondentes ó grupo A, e categoría segunda, os que avalíen os méritos dos corpos incluídos no grupo B.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO I

Corpo de profesores de ensino secundario.

-Área: letras

Presidente: Otero Vázquez, Concepción

Vocais: Álvarez Lebredo, Carlos

Moure Lema, Teresa

Souto Castelo, Raúl

Leis Carlés, Alejandro

-Área: ciencias

Presidente: Iglesias Varela, Gonzalo

Vocais: Mayer Viña, Santiago

Dubert Cuns, Antonio

Bermúdez Naveira, Andrés

Guntiñas Rodríguez, Elena

-Área: Tecnolóxicas

Presidente: Pérez Santiago, Rosa

Vocais: Botana Caeiro, Andrés

Urrutia Vilar, Ramón

Díaz Vázquez, José Mª

Bueno Rodríguez, Agustín

ANEXO II

Corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Presidente: Amoedo Barciela, Elisa

Vocais: Molinos Núñez, Mª José

Rendo Pazos, Romualdo

Rial Neira, José

Hombre Eiras, Juan

ANEXO III

Corpo de profesores de música e artes escénicas.

Presidente: Freire Llamas, Constantino

Vocais: Rubio Mur, Teófila Matilde

Moscoso Vázquez, Elisa

Segura González, Elena

Pillo Guerreiro, Narciso

ANEXO IV

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Presidente: Del Pozo Andrés, Fernando

Vocais: Fernández-Montells Fernández, Mª José

García Bernardos, Jesús

Hernández Cantos, Carmen

Barros Díaz, Lois

ANEXO V

Cuerpo de profesores de artes plásticas e deseño.

Presidente: López Pérez, Juan

Vocais: Millares Parada, Rosa

Enríquez Morales, Eloisa

Cebeiro Santiso, Severo Jesús

Del Campo Prieto, Carlos

ANEXO VI

Cuerpo de mestre de taller de artes plásticas e deseño.

Presidente: López Pérez, Juan

Vocais: Mayer Garea, Fernando

Montes Carbajal, Manuel

Souto Sánchez, Ana

Lema Caamaño, José

95-0602