Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.112

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de xaneiro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Turismo por Orde do 28 de novembro de 1995 (DOG nº 244, do 22 de decembro) esta consellería, no uso das facultades e atribucións atribuídas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, de 20 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica á funcionaria que se expresa no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente orde.

A toma de posesión deberase facer no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta o seu servicio a funcionaria, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta a funcionaria efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente realízanse os trámites para súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada será remitida copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110. 3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Número de rexistro: 3264293646 A2060

Grupo: A

Apelidos e nome: Antón Vilasánchez, Mª Ángeles.

Posto de traballo: xefe Servicio de Formación, Cooperación Institucional e Documentación.

Nivel: 28

Código do posto: PRP050000115770120

Dependencia: Secretaría Xeral para o Turismo.

Localidade: Santiago de Compostela.

0680