Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.114

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, a Mª Blanca Guerrero García.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 18 de xaneiro de 1995 (BOE do 8-2-1995), para a provisión de unha praza de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo, a prol de Mª Blanca Guerrero García, DNI nº 32.372.290, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Blanca Guerrero García profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 19 de xaneiro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

0197