Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1996 pola que se adxudican tres bolsas de biblioteconomía e documentación.

A Escola Galega de Administración pública convocou, por Resolución do 21 de decembro de 1995 (DOG nº 241, do 19 de decembro), tres bolsas de biblioteconomía e documentación para a execución de tarefas desta natureza na biblioteca desta escola.

O tribunal cualificador para a adxudicación destas bolsas, na súa reunión do 23 de xaneiro de 1996, baremou tódalas solicitudes e propuxo a adxudicación en favor das que obtiveron a maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e, á vista da proposta do tribunal, resolvo outorgárlle-las bolsas de biblioteconomía e documentación a María del Carmen Maroño Turnes, Beatríz Fernández Corral e Lidia Ferrer Peña que obtiveron unha puntuación de 23,40, 22,52 e 22,52 puntos respectivamente.

Contra esta resolución cabe interpoñer no prazo dun mes recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (Art. 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso administrativo contra a resolución do devandito recurso ordinario.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1996.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

790