Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1996 pola que se adxudican catro bolsas de colaboración en tarefas de estudio e investigación.

A Escola Galega de Administración pública convocou por Resolución do 20 de novembro de 1995 (DOG nº 241, do 19 de decembro de 1995) catro bolsas de colaboración en tarefas de estudio e investigación.

O tribunal cualificador para a adxudicación destas bolsas na súa reunión do 17 de xaneiro de 1996, baremou tódalas solicitudes e propuxo a adxudicación en favor dos dous candidatos que obtiveron maior puntuación no grupo de materias xurídico-administrativas e no de materias político-administrativas.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e, á vista da proposta do tribunal, resolvo outorgárlle-las ditas bolsas a Ignacio López-Chaves Castro e a José Antonio Montero Vilar que obtiveron 26,26 e 24,00 puntos respectivamente no grupo de materias xurídico-administrativas e a Alfonso Jurado Moreda e a Paloma González Cuevas que obtiveron 25,64 e 22,71 puntos respectivamente no grupo de materias político-administrativas.

Contra esta resolución cabe interpoñer no prazo dun mes recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (Art. 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso administrativo contra a resolución do devandito recurso ordinario.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1996.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

655