Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.071

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 25 de xaneiro de 1996 pola que se regulan axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller.

O Estatuto de autonomía, no seu artigo 4, determina que lles corresponde ós poderes públicos de Galicia promoveren as condicións para que a liber

dade e a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, remove-los atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilita-la participación de tódolos galegos na vida pública, económica, cultural e social.

Así mesmo, no seu artigo 27.23º, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social, e no seu artigo 33.2º establécese que lle corresponde o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de Seguridade Social.

A Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, decreación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, establece no seu artigo 3 como funcións do Servicio promover, coordinar e avaliar plans e programas de ación e o desenvolvemento de actividades que para a consecución dos obxectivos previstos na dita lei, realicen deputacións e concellos; así como incentiva-la participación das mulleres na vida política, económica, cultural, educativa e social.

O Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, no seu artigo 1 atribúelle á devandita consellería as competencias en materia de muller de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española.

O Decreto 258/1990, do 27 de abril, establece o réxime xeral de axudas e subvencións en materia de servicios sociais, normativa á que, en consecuencia, se adaptará a presente orde, tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. O Obxecto da presente orde de convocatoria, que se rexerá polo disposto na Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario, e no Decreto 258/1990, do 27 de abril, é conceder axudas e subvencións para programas, actividades, proxectos de estudio e/ou investigación que se desenvolvan durante o presente ano destinadas a facer posible a incorporación da muller na vida política, económica, cultural e social, e que fomenten a relación e colaboración entre as asociacións de mulleres, para acada-la igualdade real e efectiva a non discriminación entre homes e mulleres, así como axudas económicas ás entidades que presten servicios de atención á muller.

Estas axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.50.212A-460, 14.50.212A-480 e 14.50.212A.486 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1996.

2. Para os efectos da presente orde consideranse centros e servicios para a muller:

a) Os servicios e centros de información e asesoramento sobre temas xurídicos, laborais, de ser

vicios sociais, e calquera outro que supoña a promoción da muller en tódolos ámbitos.

b) As casas de acollida para mulleres maltratadas: acollen mulleres e os seus fillos, cando se atopan en situación de indefensión, como consecuencia dos malos tratos físicos ou psíquicos que poñan en perigo a súa integridade persoal.

c) Pisos tutelados para mulleres: acollen pequenos grupos de mulleres en situación de emerxencia ou especial dificultade que necesitan de certa supervisión e apoio técnico, co fin de acadaren a súa autonomía definitiva.

d) Os servicios xurídicos de representación e defensa de mulleres en Galicia en materia do non pagamento de pensións establecidas en resolucións xudiciais.

Artigo 2º.-Destinatarios.

Poderán solicita-las subvencións as asociacións ou entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que sexan titulares de centros, presten algún dos servicios establecidos no artigo anterior ou realicen calquera outra actividade de carácter social, sempre que se atopen inscritas no rexistro ó que se refire a Lei 4/93, do 14 de abril, de servicios sociais, ou que teñan presentada a correspondente solicitude de inscrición, aínda que non se poderá aboa-lo importe das ditas axudas ata que non se efectúe a inscrición.

Así mesmo poderán solicitalas as persoas naturais, a título individual ou como integrantes de departamentos ou centros universitarios e equipos de investigación, sempre que o seu ámbito de actuación se circunscriba a esta Comunidade Autónoma.

Poderán solicitalas tamén as corporacións locais que presten algún dos servicios ou sexan titulares dalgún dos centros ós que se refire o artigo anterior.

Poderan solicita-las subvencións para a prestación dos servicios xurídicos a que se refire o apartado d) do artigo anterior, as asociacións de mulleres legalmente constituídas que carezan de ánimo de lucro e conten con servicios xurídicos propios ou concertados.

Artigo 3º.-Tipos de axuda.

Os tipos de axuda que se poderán solicitar son os seguintes:

a) De Promoción de actividades

-De carácter formativo ou científico.

-De carácter asociativo ou comunitario.

-De integración social e laboral.

-De representación e defensa xurídica.

b) De estudio e/ou investigación

c) De mantemento.

-Gastos correntes para o funcionamento dos servicios.

Artigo 4º.-Normas xerais sobre as subvencións.

1. Tódalas axudas reguladas por esta orde poderán estar suxeitas á formalización dun convenio entre o destinatario e o Servicios Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller, que poderá ser prorrogado para futuros exercicios nas condicións legalmente previstas. No suposto de que se formulase convenio, a asociación ou entidade non estará obrigada a presentar solicitude durante a súa vixencia.

2. Para os distintos tipos de axudas a subvención poderá significa-lo financiamento total ou parcial do gasto, sen que en ningún caso implique duplicidade, de tal xeito que a suma das subvencións concedidas por todo tipo de organismos públicos, percibidas coa mesma finalidade, non supere o 100% do importe do gasto efectuado.

3. Non se poderán conceder subvencións a institucions que non estean ó día no pagamento das súas obrigas fiscais ou que se atopen ó descuberto no ingreso das cotas da Seguridade Social do persoal asalariado dos centros, agás que se acollesen ós beneficios do Real decreto 716/1986, do 7 de marzo, sobre adiantamento de cotas sen pagar.

4. O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, poderá efectua-las comprobacións que considere oportunas en canto ó cumprimento dos requisitos esixidos pola Lei de servicios sociais da Galicia ás asociacións de iniciativa social.

Artigo 5º.-Solicitude e documentación.

1. As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo o modelo oficial que se xunta como anexo I ou II á presente orde, debidamente cubertas, dirixidas á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

2. Documentación que se achegará coa solicitude:

2.1. Documentos comúns a tódalas axudas:

a) Fotocopia do DNI da persoa que asina a solicitude, e, se representa a unha entidade, documentación acreditativa desa representación.

b) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal, se é o caso.

c) Orzamento desagregado dos gastos previstos para cada actividade así como os recursos humanos e materiais cos que conta para o seu funcionamento

d) Declaración das subvencións obtidas ou solicitadas doutros entes públicos ou privados para a mesma finalidade, ou negativa, se é o caso.

e) Ficha de solicitude de transferencia bancaria (anexo III).

Cando o solicitante sexa unha corporación local, ademais da documentación prevista nas letras b), d) e e), deste número, deberá xunta-la seguinte:

a) Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local destinada ó mantemento e desenvolvemento dos servicios obxecto da solicitude.

b) Certificado do acordo da corporación local de solicita-la subvención e, no caso de prórroga, de que continúa na prestación dos servicios nas mesmas condicións do ano anterior.

2.2. Documentos específicos para cada tipo de axuda.

I. Para subvencións de promoción de actividades.

a) Memoria da institución (anexo IV).

b) Proxecto no que figura a actividade ou actividades que se realizarán, descrición dos obxectivos, metodoloxía, calendario, poboación e ámbito xeográfico do desenvolvemento da actividade.

c) Compromiso expreso de aceder a favor da Xunta de Galicia os dereitos dos resultados obtidos no caso de congresos, reunións científicas, estudios e publicacións, así como presentar un informe deles.

II. Para subvencións de proxectos de estudio e/ou investigación:

a) Breve memoria do proxecto do estudio e/ou investigación na que se especifiquen os obxectivos xerais, metodoloxía e interese, a súa data de comezo e prazo previsto para a realización.

b) Currículum vitae da persoa investigadora principal e, se é o caso, de cada un dos integrantes de equipo investigador.

III. Para subvencións de mantemento:

Carpeta na que conste a identificación de centro, descrición técnica do cadro resumo do persoal, relación de beneficiarios e orzamento de mantemento (anexo V).

Cando se trate de servicios nos que, pola natureza da atención prestada, non sexa conveniente ou posible identificar concretamente as persoas atendidas, substituirase o cadro resumo e a relación de beneficiarios por unha certificación do director do centro co visto e prace do presidente da institución na que se indique o número de beneficiarios.

Artigo 6º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 7º.-Lugar de presentación de solicitudes e documentación.

As solicitudes e maila documentación requirida presentaranse de conformidade cos modelos formalizados perante o rexistro xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, nas delegacións provinciais da consellería, ou por calquera dos medios previstos nas normas reguladoras do procedemento administrativo.

Artigo 8º.-Tramitación dos expdientes.

1. No caso de tratarse de asociacións ou outras entidades prestadores de servicios sociais, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano encargado do seu rexistro emitirá certificación relativa ás entidades inscritas e ás que solicitaron a inscrición pero que están pendentes de resolución no rexistro nesa data, para comproba-lo disposto no artigo 2, e remitiralla ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

2. O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller comprobará que os expedientes

reúnen tódolos requisitos recollidos na presente orde e procederá a reclamarlles por escrito ós interesados os datos, documentos e aclaracións que consideren necesarios para para completa-lo expediente co apercibimento de que se así non se fixese no prazo de 10 días, arquivarase o expediente sen máis trámite.

3. Revisados os expedientes e completados, se é o caso, remitiráselle á comisión, para propoñe-la aprobación e a denegación de expedientes, seguindo os criterios recollidos na presente orde.

Artigo 9º.-A comisión de valoración estará constituída do seguinte xeito:

Presidenta: a secretaria xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Vocais: o xefe do Servicio de Cooperación, Estudios e Programas e a xefa de Servicio de Administración Xeral, que actuará como secretaria.

Artigo 10º.-Criterios de valoración das axudas.

1. Axudas para promoción de actividades:

1.1. Adecuación dos programas á finalidade e obxecto da presente orde.

1.2. Fomento e técnificación do asociacionismo.

1.3. Intercambio e coordinación entre distintas asociación de mulleres para a realización de programas e actividades conxuntas.

1.4. A realización de programas, publicacións, conferencias e encontros que sexan de interese para as mulleres.

1.5. O ámbito territorial de desenvolvemento do programa ou actividade.

1.6. O alcance social do proxecto ou actividade e, en especial, a súa contribución ó desenvolvemento persoal e á integración social do colectivo ó que se dirixe.

1.7. Os elementos innovadores dos programas.

1.8. A non percepción doutras subvencións para a mesma finalidade.

2. Axudas para proxectos de estudio e/ou investigación:

2.1. A calidade científica, orixinalidade e a base de investigación empírica.

2.2. O ámbito territorial do traballo de investigación.

2.3. A non percepción doutras subvencións para a mesma finalidade.

3. Axudas para mantemento:

3.1. A continuidade no funcionamento dos centros e servicios que recibiron subvencións no ano anterior, sempre e cando os resultados acadados fosen positivos, e tendo en conta a memoria presentada e o número de persoas atendidas.

3.2. Os centros que se puxeron en funcionamento coa utilización de técnicas novidosas para consegui-la igualdade da muller.

Artigo 11º.-Resolución.

1. A resolución das axudas, unha vez emitido o informe-proposta pola comisión de valoración e fiscalizados pola intervención, correspóndelle á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

2. A resolución dos expedientes deberase producir no prazo de 4 meses, contados a partir do día seguinte ó do remate do prazo, para a presentación de solicitudes. Transcorrido o devandito prazo, sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimada.

Artigo 12º.-Pagamento e xustificación das subvencións:

1. Unha vez dictada a resolución pola que se concede a subvención procederase ó pagamento e xustificación, na forma que a continuación se indica, agás nos casos nos que se establezan convenios nos que se aplicará o que neles se sinale.

1.1. Subvencións para a promoción de actividades, para mantemento e para proxectos de estudio e/ou investigación.

As subvencións poderanse facer efectivas de conformidade co establecido na Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para 1996.

A entidade receptora deberá presentar antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte, perante o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, un balance de ingresos e gastos que abranga todo o ano natural conforme o anexo VI. O cumprimento deste trámite será requisito previo para a concesión de subvencións nos exercicios seguinte.

Cando se trate de subvencións de estudios e/ou investigación, os beneficiarios deberán presentar antes do 15 de marzo de 1997 o estudio ou traballo de investigación realizado, así como o balance de ingresos e gastos segundo o modelo do anexo VI.

Artigo 13º.-Obrigas dos adxudicatarios das subvencións:

1. Para promoción de actividades.

a) Facer constar en todo tipo de publicidade e información a condición de que a actividade está subvencionada polo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

b) Remitir en calquera momento a información e informes que soliciten os órganos competentes do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

c) Autoriza-la inspección e control dos órganos competentes do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, sobre os seus centros e actividades.

2. Para os proxectos de estudio e/ou investigación.

a) Admitir en todo momento que o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, a través dos seus servicios técnicos, reclame información sobre o estado da realización do traballo

de investigación, así como da súa adecuación á memoria presentada.

b) Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que proceda efectuar no proxecto subvencionado.

3. Para mantemento.

a) Remiti-los informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes do servicio.

b) Autoriza-la inspección e control dos órganos competentes do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, sobre os seus centros e actividades.

Artigo 14º

Os proxectos de estudio e/ou investigación subvencionados pasarán a ser propiedade do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home da Muller, que os incorporará ó seu Servicio de Cooperación, Estudios e Programas, reservando para si a posibilidade da súa publicación.

No suposto de que o servicio decidise non publica-lo traballo e este se publicase en calquera editorial, deberase mencionar expresamente a subvención recibida do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home da Muller.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión de axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos para este fin, exceptuando as cantidades destinadas a sufraga-los importes dos convenios subscritos durante a súa vixencia.

Segunda.-O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas na presente orde, así como a duplicidade de axuda con cargo a outros créditos de orzamento xeral do Estado, da Seguridade Social, Administración institucional, autonómica ou local, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no artigo 78.6º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario.

Terceira.-Se, por calquera causa, no momento no que a comisión de valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe o órgano competente para o outorgamento das axudas e sempre que sexa posible, o devandito nomeamento deberá recaer noutra do mesmo servicio cá substituída.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home da Muller para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

656