Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1996 pola que se convocan unhas xornadas de estudio sobre o presente e futuro do réxime público de pensións.

A Escola Galega de Administración Pública e a Universidade da Coruña organizan unhas xornadas de estudio sobre o presente e futuro do réxime público de pensións.

1. Obxecto.

Os días 14 e 15 de marzo de 1996 terán lugar, na facultade de Dereito da Universidade da Coruña, unhas xornadas de estudio sobre «O presente e futuro do réxime público de pensións.»

2. Obxectivos.

Estudia-lo conxunto do sistema público de prestacións de Seguridade Social, tendo en conta as reformas recentemente operadas nel, as posibles alternativas ó seu financiamento, o papel que poida te-la negociación colectiva neste contexto e a súa viabilidade futura, así como o réxime das prestacións de asistencia, actualmente á marxe do sistema público contributivo de Seguridade Social.

3. Contido.

-Coordenadas xerais e perspectivas do sistema español de seguridade social.

-A ordenación do reintegro de gastos médicos.

-Reflexións críticas sobre o futuro do sistema público de pensións.

-A Seguridade Social e maila súa reforma.

-Considerando a Seguridade Social a principios de 1996.

4. Destinatarios.

Persoal laboral e funcionario de calquera das administracións públicas galegas, e particularmente os representantes legais e sindicais dos colectivos correspondentes. Diplomados en relacións laborais, licenciados en dereito e ciencias económicas e empresariais, e estudiantes dos últimos dous anos destas dúas licenciaturas.

O número de prazas está limitado a 300, segundo a capacidade do local no que terán lugar.

5. Desenvolvemento e duración.

As xornadas abriranse o xoves, día 14 de marzo, ás 9.30 horas, e rematarán ás 20.15 horas do día 15 de marzo.

6. Inscrición.

-Prazo: remata o venres, día 8 de marzo de 1996.

-Lugar de presentación: na Área de Dereito do Traballo e Seguridade Social da facultade de Dereito da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, s/n-15071, A Coruña). Tfno. 13 04 57-Ext. 1552. Fax nº 29 03 10.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baldeiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 11 de marzo, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono en días laborables, de 11.30 a 13 horas, ó seguinte número: (981) 13 04 57 (Ext. 1552).

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a elas e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

95-0743