Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.051

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 45/1995, do 25 de xaneiro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica de media tensión ó centro de transformación de Veiguicela-Cela. (Expediente número 3348 A.T.).

Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio para efectos de notificacións na r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo, solicitou da Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 20 kV de 1.134 m de lonxitude, conductor LA-30, apoios de formigón e torres metálicas, con orixe na L.M.T. Rábade-Cospeito e final no C.T. proxectado en Veiguicela-Cela, no concello de Outeiro de Rei (Lugo). (Expediente número 3348 A.T.).

A devandita instalación, segundo o proxecto reformado, foi autorizada, declarada de utilidade pública e aprobado o seu proxecto de execución, por Resolución do 8-7-1994 da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 11-11-1994, no BOP de Lugo do 13-12-1994 e no BOE do 7-11-1994, resolución que foi confirmada por outra da Consellería de Industria e Comer

cio do 1-12-1994, desestimatoria dos recursos ordinarios interpostos contra aquela por Josefa Ferreiro Iglesias e Jesús Ferreiro Iglesias. Interposto polos citados recorrentes o recurso contencioso-administrativo número: 7044/1995, diante da Sala do Contecioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a sección 3ª de dita sala en auto do 23-11-1995 declara terminado o procedemento por recoñecerse en vía administrativa as pretensións dos recorrentes, decretando, en consecuencia, o arquivo das actuacións.

A solicitude de urxente ocupación, fíxose en base a o disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 4-10-1995, no BOP de Lugo do 31-8-1995, no xornal El Progreso de Lugo do 14-8-1995, e a simple referencia no BOE do 18-9-1995; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, de 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, de 20 de outubro; durante o período que se someteu ó trámite de información pública formulou alegación de desconformidade coa valoración José Antonio González Díaz, titular do predio nº.: 13, a cal non se ten en conta por corresponder a outra fase do procedemento; as relativas ó cambio de trazado que propón Dolores González Vigo, titular do predio nº 15, desestímanse ó non se dar naquel conxuntamente as limitacións que establece o artigo 26 do sinalado decreto. Non se entra na valoración do contido das alegacións efectuadas por Miguel Vázquez González, en nome e representación de Jesús Ferreiro Iglesias, titular do predio nº 21, e das efectuadas por Josefa Ferreiro Iglesias, xa que no primeiro caso aquelas non van encamiñadas a corrixir posibles erros, nin responden ó contido dos artigos 25 ou 26 do Decreto 2619/1966, e no segundo por

tratarse dunha persoa que non é parte afectada no presente expediente orixinado polo proxecto reformado da liña.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado, segundo o proxecto reformado, para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para ós efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 de Lei 10/1966, do 18 de marzo e 25 de Decreto 2619/1966, nin lles son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía BEGASA, xa que con esta liña preténdese amplia-las redes de distribución de

enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para esta instalación.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, de 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, de 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., da liña eléctrica area a 20 kV que une a L.M.T. Rábade-Cospeito co C.T. proxectado en Veiguicela-Cela.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Outeiro de Rei, da provincia de Lugo, e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de mil nocentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

95-0420