Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública da modificación do E.D. Pombal 1.

Aprobada inicialmente polo Concello Pleno, con data 30 de novembro de 1995, a modificación do estudio de detalle da unidade de execución IV-01 Pombal 1 (3073/411), proxecto redactado polo arquitecto Ricardo Salgado Salgado, visado polo COAG con data 25 de maio de 1994, e sinalando como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito; sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e máis no taboleiro de anuncios do concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día siguiente ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 9 de xaneiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

154