Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO de contratación da subministración dun vehículo recolector-compactador de lixo.

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, anúnciase concurso, por procedemento aberto, da subministración dun vehículo recolector-compactador de lixo, con tramitación urxente.

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a subministración dun vehículo recolector-compactador de lixo, con tramitación urxente, conforme as prescricións técnicas seguintes:

-Vehículo recolector-compactador de lixo, de 12 metros cúbicos, para recollida de lixo domiciliario e semiindustrial con posibidade de encaixe de lava contedores.

-Encaxe elevador-cargador para colectores de 1.100, 800, 770 e 660 litros e cubos de MXB de 120, 240 e 330.

2. Cumprimento do contrato: a subministración efectuarase na Casa do Concello, no prazo máximo dun mes, contado a partir do seguinte ó da notificación do acordo de adxudicación. Poderá prorrogarse excepcionalmente, por prazo idéntico se existisen razóns xustificadas.

3. Tipo de licitación: o orzamento do contrato que servirá de base de licitación ascende a un total de dezaseis millóns de pesetas (16.000.000 de ptas.).

4. Pagamento: o pagamento do prezo do remate efectuarase contra acordo aprobatorio da acta de recepción da subministración, dentro dos dous meses seguintes á súa expedición.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, departamento de contratación.

6. Garantías: a provisional será de 320.000 pesetas e a definitiva o 4% do prezo de adxudicación.

7. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (secretaría xeral) en man, das 9 ás 14 horas, durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Apertura de proposicións: a mesa de contratación, en acto público celebrado o quinto día hábil seguinte ó da presentación de proposicións, dará conta do resultado da cualificación da documentación xeral presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos e as causas da súa exclusión, invitando ós asistentes a que formulen observacións que se recollerán na acta.

A seguir, o secretario da mesa procederá á apertura dos sobres A e lerá as proposicións económicas formuladas por elas e elevaraas coa acta e a proposta que coide pertinente ó órgano de contratación que efectuará a adxudicación.

Pontedeume, 26 de xaneiro de 1996.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde

0180