O Concello Pleno, en sesión do día 22 de decembro de 1995, aprobou definitivamente o estudio de detalle relativo á área cualificada como zona residencia
de vivenda unifamiliar, ordenanza URFI promovido por Manuel Lema Hortas, conforme o acordo que transcrito literralmente di:
Aprobado inicialmente o proxecto de estudio de detalle promovido por Manuel Lema Hortas en sesión plenaria con data 27 de outubro de 1995, atendido que, sometido a información pública polo prazo de 15 días mediante anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia nº 231, do 1 de decembro de 1995 e no diario El Correo Gallego, e notificados os interesados, non se formularon alegacións, a corporación por maioría acorda:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por Manuel Lema Hortas nosmesmos termos da súa aprobación inicial.
Segundo.-O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro.-O presente acordo notificaráselles ós propietarios e demais interesados directamente afectados.
Contra o acto que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da data de publicación do presente anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública.
Oroso, 29 de decembro de 1995.
Alcaldía
785