Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO.

Polo acordo do Pleno deste Concello, en sesión celebrada o 4-12-1995 aprobouse o escudo heráldico desta localidade conforme o proxecto presentado pola comisión de heráldica da Xunta de Galicia. O acordo sométese a trámite de información pública por espacio dun mes mediante publicación do anuncio no taboleiro de edictos do concello e no Diario Oficial de Galicia dando cumprimento ó artigo 3 do Decreto 258/1991, do 10 de setembro, polo que se regula o procedemento e normas heráldicas para a adopción, modificación ou rehabilitación dos escudios e bandeiras das corporacións locais.

O que se fai público para o xeral coñecemento para os efectos da presentación das reclamacións oportunas.

Vilaboa, 19 de decembro de 1995.

P.D.

Mª Fernanda Blanco Fernández

Concelleira

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.