Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 8 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias 240/1995, devolto polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE de 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197-Lugo.

ANEXO

Expediente: 240/1995.

Denunciado: José Pardo García.

DNI nº: 32.462.714

Ultimo enderezo coñecido: rúa Paraguai, 7- Ferrol.

Feitos imputados: dedicarse á compra de gando para a súa carnicería e carecer do carné de tratante.

Tipificación infracción Regulamento epizootias:

Precepto infrinxido: artigos 65 e 195.

Precepto sancionador: artigo 213.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

Lugo, 8 de xaneiro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9600795