Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto -trámite de urxencia-, da redacción do proxecto de ampliación e remodelación da residencia asistida Virxe de Covadonga (Laraxe).

Obxecto: redacción do proxecto de ampliación e remodelación da residencia Virxe de Covadonga.

Orzamento dos honorarios: 3.328.550 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: non se esixe.

Exposición de documentación: os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Servicios

Sociais (Subdirección Xeral de Administración e Xestión Orzamentaria) edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas (extensión 2742).

Presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Servicios Sociais a partir das 10 horas do sexto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

480