Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 8 xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 60/1995, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo Real decreto do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

ANEXO

Expediente: 60/1995.

Denunciado: Julio Vázquez Mosteiro.

DNI nº: 34.248.992

Ultimo enderezo coñecido: rúa Catasós. Lalín-Pontevedra.

Feitos imputados: transporte de animais, e carecer de crotais de identificación.

Tipificación infracción:

Precepto infrinxido: artigo 7 Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG nº 240 do 15.12.1994).

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 10.000 pesetas.

Lugo, 8 de xaneiro 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

494