Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA de notificación do 10 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, Servicio de Consumo, pola que se comunica o estado do expediente 15-066/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as fases nas que se atopan os expedientes contra eles instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Nome: Redex Transporte Urxente.

NIF: 15.335.318-B.

Expte.: 15-066/1995.

Prazo: un mes.

Trámite: resolución.

Os ditos interesados dispoñen do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación do presente edicto, para que poida examina-lo expediente, na Delegación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, andar 2º, praza de Luis Seoane, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 10 de xaneiro de 1996.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

495