Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 1996 Páx. 1.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 29 de decembro de 1995, aprobou inicialmente a modificación do Plan Parcial do Polígono Único de Sar, promovido por Compostela Beach, S.A. O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

En tanto non se aprobe definitivamente a modificación do Plan Parcial e, de se-lo caso, os ins

trumentos que o desenvolvan, non se poderán conceder licencias de parcelación, edificación ou derruba no seu ámbito.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

O alcalde

Rubricado

115