Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 1996 Páx. 1.016

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

NOTARÍA DO SR. LOIS PUENTE (RIBEIRA)

EDICTO.

Eu, José Manuel Lois Puente, notario do Ilustre Colexio da Coruña, con residencia en Santa Uxía de Ribeira, fago saber que na miña notaría se segue procedemento de execución extraxudicial de hipoteca referente ó predio denominado Campos de Cobasa ou Conchido, sito na parroquia de Aguiño deste municipio, de dúas hectáreas, dez áreas, corenta e nove centiáreas de superficie. Linda: norte, camiño de carro e, en parte, predios de Manuel Sieira Reiriz, Manuel Dios Reiriz, Manuel Dios Romay e dos cónxuxes Juan Fernández Sampedro e Generosa Santamaría Monteagudo; sur, o océano Atlántico; leste, o mesmo océano e, en parte, dos esposos Juan Fernández Sampedro e Generosa Santamaría Monteagudo; e oeste, camiño de carro e despois de Dolores Sampedro Ayuso, Ángel Monteagudo Reiriz e Andrés Suárez Bretal, e en parte, océano Atlántico. Sobre o dito predio existen as seguintes edificacións: estación depuradora, nave de depuración e depósito de augas. Está inscrita no Rexistro de Noia, no tomo 667,

libro 156 de Ribeira, predio 9.004 N. A dita hipoteca foi constituída por Depuración de Moluscos, S.A., en garantía dun préstamo concedido pola Caixa de Aforros de Vigo, á entidade mercantil Álvarez Entrena, S.A.. Que o 9 de novembro do presente, autoricei a pedimento da compañía mercantil Isla Vionta, S.L. acta de requirimento para efectos da tramitación do procedemento de execución extraxudicial ó que se refiren os artigos 129 e seguintes da Lei hipotecaria, regulado nos artigos 234 e seguintes do seu regulamento.

E polo presente edicto, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cumprindo así o establecido no artigo 236 d).2 do Regulamento hipotecario, ponse en coñecemento dos acredores da mencionada sociedade, co fin de que poidan adopta-las medidas que lles interesen.

En Santa Uxía de Ribeira o dous de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado