Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 1996 Páx. 995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Talleres Viza, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Talleres Viza, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-12-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 1-12-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e dopósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 19 de decembro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Viza, S.A. Convenio colectivo 1995-1996-1997

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio concertado entre os representantes da dirección e os membros do comité da empresa Talleres Viza, S.A. afecta o ámbito territorial da propia empresa no seu centro de traballo actual e a calquera outro que puidese establecerse no futuro na provincia de Pontevedra.

Polo tanto, o convenio afectará a tódolos traballadores abranguidos na ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, sen máis excepcións que o persoal de alta dirección, que queda excluído deste, e por extensión, a calquera lugar onde o persoal realice servicios por conta da empresa.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e denuncia.

O convenio entrará en vigor a partir da data da súa sinatura, sen prexuízo do cal, as condicións eco

nómicas se aplicarán a partir do 1º de xaneiro de 1995.

Terá unha vixencia de tres anos, expirará o día 31 de decembro de 1997 e prorrogarase por tácito de tres en tres meses, se ningunha das partes o denunciase cunha antelación mínima dun mes á data de expiración.

Artigo 3º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde acaden, cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que no cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Para entender de cantas cuestións lle sexan atribuídas, desígnase unha comisión paritaria das partes negociadoras deste convenio, que estará integrada por catro membros, dous deles pola parte económica e José Manuel Abalde Mallo e Francisco Piñeiro Piñeiro, pola parte social.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

Establécese que a xornada de traballo será a mesma en horas de traballo efectivo, en cómputo anual, para obreiros, subalternos, administrativos e técnicos.

O número efectivo de horas de traballo, en cómputo anual, será de 1.772 para o ano 1995, 1.770 para o ano 1996, e 1.768 para o ano 1997.

O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador se atope no posto de traballo.

A xornada actual absorberá e compensará calquera outra reducción de xornada que por calquera motivo se estableza no sucesivo, calquera que sexa o rango da disposición aplicable.

A fixación do horario de traballo e do calendario laboral será facultade da dirección, a cal establecerá, con intervención do comité de empresa, o cadro horario e calendario laboral para todo o ano, que figuran nos anexos VI e VII respectivamente do presente convenio. No suposto de non existir acordo, o criterio que necesariamente ha de prevalecer será o de amoldarse ás necesidades da empresa de cara a servir ós clientes.

A dirección da empresa, se as necesidades de traballo así o esixisen, poderá establecer quendas de traballo rotativas, con carácter semanal.

Para iso, notificaráselle ó comité de empresa e ó persoal que se vise afectado, cunha antelación de sete días á data na que se vaia producir este cambio de horario. Excepcionalmente e no caso dun

ha urxencia demostrada, poderá ser suficiente efectuar este preaviso con 48 horas de anticipación.

As prioridades para a designación do persoal afectado polas quendas será como segue:

1. O persoal que voluntariamente se prestase a establece-la quenda.

2. Os demáis traballadores.

O persoal que realice traballo de producción poderá estar adscrito a calquera dos horarios de mañá, tarde ou noite descritos no anexo VI deste convenio, e o resto do persoal, a calquera dos horarios de mañá, tarde, noite ou partido, do dito anexo.

Quenda de noite:

A empresa comunicaralles ós representantes dos traballadores, mediante escrito razoado e cunha antelación mínima de sete días naturais, as causas que leven ó establecemento dunha quenda de noite.

O persoal asignado á dita quenda de noite será avisado con, polo menos, tres días hábiles de antelación.

Para os efectos previstos no segundo parágrafo do artigo 36.3º do Estatuto dos traballadores, ningún traballador estará na quenda de noite máis dunha semana consecutiva, agás adscrición voluntaria.

As prioridades para a designación do persoal da quenda de noite serán como segue:

1. Persoal que voluntariamente se prestase a establece-la dita quenda.

2. Persoal que no seu contrato individual de traballo inclúa a prestación de servicios en quenda de noite.

3. Os demais traballadores.

Artigo 6º.-Vacacións.

O período de vacacións será de trinta días naturais para todo o persoal e desfrutarase na forma fixada no calendario laboral que se achega ó convenio.

Dentro dos tres días anteriores ó comezo do desfrute das vacacións de verán, o persoal percibirá un anticipo de 125.000 ptas. que serán descontadas na nómina correspondente ó dito período de vacacións. En caso de existiren cantidades pendentes de desconto en concepto de préstamos, anticipos, etc., estas serán deducidas do importe que se vaia ingresar en concepto de anticipo de vacacións.

Se despois de confeccionado o calendario laboral, por necesidades de servir ós nosos clientes ou polas necesidades derivadas da modificación de instalacións, reparación ou mantemento de maquinaria, ou desenvolvemento ou implantación de proxectos, se fixese necesaria a modificación do desfrute das vacacións, as datas amoldaríanse ás ditas necesidades, e estableceríanse quendas para o seu desfrute.

O traballador coñecerá as datas que lle correspondan, polo menos dous meses antes do comezo do seu desfrute.

Cobraranse en razón ó salario convenio, antigüidade, plus de asistencia e puntualidade e plus de transporte.

Ademais, satisfarase a media de pesetas do plus de actividade ou prima de posto percibido nas pagas ordinarias de xaneiro a xuño do ano en curso.

O traballador que se atopase en situación de baixa por accidente de traballo no comezo do período de vacacións, terá dereito a desfrutar, en data posterior, igual número de días naturais que aqueles nos que coincidise a súa baixa con días de vacacións. Este dereito expirará ó final de cada ano natural.

Artigo 7º.-Licencias.

As licencias retribuídas ás que se refire o artigo 60 da vixente ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica desfrutaranse e aboaranse consonte o que se sinala no presente artigo.

A empresa concederá licencia retribuída con pagamento do salario convenio, antigüidade e plus de asistencia e puntualidade, nos seguintes supostos, sempre que estas sexan xustificadas.

Nos casos de falecemento de esposa, fillos ou pais, aboarase ademais a media da prima de producción ou de posto, da quincena na que se producise o feito.

Terá que facerse uso destas licencias no momento de producirse o feito causante, agás a concernente ó nacemento de fillo, o desfrute da cal se convirá nun prazo de 10 días desde o parto.

a) Por matrimonio, quince días naturais.

b) Por nacemento de fillos, tres días laborables.

c) Por falecemento de esposa, fillos ou pais, catro días naturais. En caso de que tódolos días cadren en festivo e/ou non hábiles, para os efectos de realización dos trámites administrativos necesarios, o permiso prolongarase durante o día hábil seguinte.

d) Por enfermidade grave de cónxuxe ou fillos, tres días naturais.

e) Por enfermidade grave de pais, irmáns, netos ou avós, dous días naturais.

f) Por falecemento de tíos ou sobriños, un día natural.

g) Por falecemento de irmáns, netos ou avós, tres días naturais.

h) Por matrimonio de irmáns, pais ou fillos, un día natural.

i) Por traslado do domicilio habitual, un día natural.

j) Polo tempo indispensable nos casos de asistencia á consulta médica de especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario do especialista co traballo, prescribise a dita consulta o facultativo de medicina xeral, e deberá presentar previamente o traballador na empresa o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 16 horas ano.

k) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó disposto nesta en canto a duración da ausencia e á súa compensación económica.

l) En caso extraordinario, debidamente acreditado, concederase licencia sen percepción de haberes, ata un límite de 16 horas ó ano. Será necesario para a obtención destas licencias solicitalas, sempre que sexa posible, con polo menos 72 horas de anticipación.

Nos apartados c), d), e), f) e g) enténdense incluídos tamén os parentes políticos.

Para as licencias incluídas no apartado d) deste artigo, e no caso de continua-la enfermidade ou hospitalización do cónxuxe, fillos ou pais (de estar a cargo o traballador neste último caso) concederanse, se así o desexa o traballador, tres días máis de licencia nos que se aboará o 50% do salario convenio.

Artigo 8º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados polos servicios técnicos da empresa, e poderán ser: estimados, provisionais e definitivos.

Ó pórse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la cronometraxe, aplicaranse tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballador na segunda cronometraxe que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se atopen totalmente estabilizadas, e non deberán normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe, para os postos individuais, nin doce meses para as cadeas e traballos colectivos.

O operario asinará a folla de descrición do método operativo empregado no traballo cronometrado, e no seu proceso non poderá realizar un KB inferior ó KB un, de acordo co establecido no artigo 11º.

O tempo asignado a cada operario será anotado no posto de traballo.

Artigo 9º.-Revisión de tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados agás nos seguintes casos:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operativo, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise de posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gamas e follas de análise.

Artigo 10º.-Aplicación de tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos en que sexa facilmente posible e mentres a organización de traballo non aconselle o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro non parecido, ou ben cando se produza unha modificación substancial no método ou no tempo, ó pasar este de provisional a definitivo, facilitaráselle que no novo posto ou as novas circunstancias consiga o seu KB habitual mediante as compensacións de aprendizaxe.

Se o operario traballa a prima individual, a compensación de aprendizaxe consistirá en aboarlle o KB medio obtido na última quincena no posto anterior. Esta compensación durará como máximo o tempo necesario para a realización de 2.000 pezas ó tempo que a dita peza teña asignado, e deixará de facerse se o operario non mellora diariamente o seu KB. No suposto de que no cálculo de tempo necesario para a realización das 2.000 pezas referidas, resultase fracción de días, efectuarase redondeo ó número de días inmediato superior.

De simultanea-lo seu traballo habitual nun posto productivo con outro non parecido, anotará o tempo investido e producción obtida en cada posto.

A producción efectivamente realizada debe anotarse ó final de cada día.

Todo traballador poderá coñecer, se o solicita, a gama, o método operativo e o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima.

Artigo 11º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado KB1, equivalente a 60 minutos hora, para efectos do disposto no Decreto do 17 de agosto de 1973, de ordenación do salario e Orde do 22 de novembro, así como para efectos do artigo 54 do Estatuto dos traballadores, apartado e) e ó artigo 11 da ordenanza laboral siderometalúrxica, referidos á ineptitude do traballador.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no apartado e) do artigo 54 do Estatuto dos traballadores, o que el mesmo viñese obtendo en precedentes períodos de tempo; pódese considerar como período para determina-lo dito rendemento normal o que viñese obtendo de modo habitual e ordinario durante os seis meses inmediatamente anteriores, a pesar do cal, nos postos individuais só será sancionable unha diminución por debaixo dun 15% do rendemento así considerado como normal, cando este se produza durante un período de tempo superior a un mes.

Para os postos colectivos, cadeas, grupos funcionais, etc, este período de tempo redúcese a quince días.

Para ámbolos casos partirase dun KB máximo de 1,33 e sen que se poida baixar en ningún caso do KB 1 que se establece como mínimo no primeiro parágrafo deste artigo.

No que se refire a traballadores que ocupen postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento que este se producise no período dun mes despois de ser apercibido.

Artigo 12º.-Calidade.

Tódolos rendementos anteriormente citados están condicionados a que os traballos estean realizados dentro das condicións das pezas modelo ou dos utensilios de verificación.

Artigo 13º.-Tempo de espera e tempo de paro.

Terán a consideración de tempo de espera aqueles que, por causas imputables á empresa e alleas á vontade do traballador, este teña que permanecer inactivo, ben por falta de elementos ó seu alcance, escaso ritmo da operación precedente, falta de ferramentas ou utensilios de medición, espera de decisión de se o traballo pode ou non continuar por presentarse algunha dificultade no transcurso da súa execución, etc.

Nestes casos, o traballador afectado percibirá o seu salario incrementado coa media da prima obtida no mes.

Conceptuarase como tempo de paro o que sufra o traballador por causas non imputables á empresa, ben por falta de materiais de traballo, fluído eléctrico, etc.

Nestes casos, o traballador percibirá a retribución que lle corresponda pola súa categoría.

Artigo 14º.-Retribución do persoal.

Componse de salario convenio, antigüidade, plus de asistencia e puntualidade, plus de transporte, plus de actividade (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos)

No que respecta ó persoal con retribución de salario hora, tanto o salario convenio coma a antigüidade e o plus de asistencia e puntualidade, devengaranse en razón de 8 horas diarias, mesmo domingos e festivos.

Artigo 15º.-Salario convenio.

O salario hora que, con carácter de mínimo, corresponde a cada categoría é o que figura na anexo I, salario convenio, deste convenio.

O salario mes que, con carácter de mínimo, corresponde a cada categoría é o reflectido no anexo I, salario convenio, deste convenio.

Artigo 16º.-Antigüidade.

Devengarase por trienios vencidos e aboarase con base nas seguintes contías por trienio:

Persoal horario: 11,81 ptas./hora por trienio

Persoal mensual: 2.889 ptas./mes por trienio.

As cantidades antes mencionadas sufrirán, nos anos 1996 e 1997, os incrementos salariais pactados para os ditos anos e incluídos no artigo 26º a) deste convenio.

Os ditos importes percibiranse a partir do 1º do mes en que se cumpran os trienios de antigüidade, agás o persoal abranguido no artigo 76 a) da ordenanza laboral siderometalúrxica.

Manteranse os topes máximos de antigüidade existentes no Estatuto dos traballadores , con anterioridade á entrada en vigor da reforma laboral.

Artigo 17º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Establécese o devengo deste plus como prima de asiduidade, nas contías que se fixan no anexo II, plus de asistencia e puntualidade, deste convenio.

O dereito á percepción deste plus perderase total ou parcialmente polas causas seguintes:

a) O plus correspondente a catro horas por falta de puntualidade, entendéndose como tal o atraso de ata media hora.

b) O plus correspondente a 8 horas, por máis de media hora, sen chegar ó día completo.

c) O correspondente a 24 horas, por falta de asistencia.

d) A saída do traballo antes da hora sinalada, unha vez consumidas as 16 horas anuais de licencia estipuladas no artigo 6º, apartado j) deste convenio, considerarase como falta de puntualidade para tódolos efectos.

Artigo 18º.-Plus de transporte.

Satisfaráselle ó persoal de cada unha das categorías que preste os seus servicios en horarios de xornada continuada, por cada día de asistencia ó traballo, a razón de 36 ptas/hora durante o ano 1995.

O persoal que traballe en horarios de xornada partida percibirá o dito plus de transporte por cada día de asistencia ó traballo, a razón de 72 ptas/hora durante o ano 1995.

As cantidades antes menciondas sufrirán, nos anos 1996 e 1997, os incrementos salariais pactados para os ditos anos e incluídos no artigo 26º a) deste convenio.

Artigo 19º.-Plus de actividade.

Pagarase unha prima de producción de acordo co KB medio acadado mensualmente, e aplicaráselles a tódolos minutos producidos o valor asignado na escala descrita no anexo III, plus de actividades, do convenio.

Artigo 20º.-Plus de nocturnidade.

Establécese un plus de nocturnidade para o persoal que preste os seus servicios en horario de noite, nas seguintes contías: 115 ptas./hora para o ano 1995, 130 ptas./hora para o ano 1996, e 145 ptas./hora para o ano 1997.

Non devengará dereito á percepción do dito plus o persoal adscrito ós horarios de mañá, tarde ou partido; todo iso e a pesar de que o dito persoal puidese iniciar ou finaliza-la súa xornada entre as 22 e as 6 horas.

Artigo 21º.-Primas de posto.

a) Persoal obreiro de oficio. Establécense as primas de posto, mínimas para todo o ano, en relación cos minutos de presencia, e aplícaselle a cada traballador o importe, en pesetas minuto, que lle corresponda segundo se encadre dentro das escalas que figuran no anexo IV, primas de posto, deste convenio.

b) Peóns ou especialistas non afectos a postos de traballo cronometrados. Establécense os importes, segundo escala, reflectidos no anexo IV, primas de posto.

Ós traballadores das categorías deste apartado b), ó causaren alta na empresa, se ocupasen postos productivos que estean sen cronometrar, pagaráselle-la prima de posto da escala A, e poderán estar nesta situación durante un perído máximo de ata tres meses.

De continuaren na mesma situación despois de transcorridos os tres meses que se indican no parágrafo anterior, ata que se lles cronometre o seu posto (momento no que pasaría a cobrar prima de producción en función do KB realizado), cobrará durante os seis meses seguintes a prima de posto correspondente á escala B; a continuación, durante outros seis meses, a prima correspondente á escala C, e en adiante, de seguir en postos sen cronometrar, a prima correspondente á escala D.

No caso de que este persoal ó que nos estamos a referir, peóns ou especialistas, fosen contratados para as seccións de taller de ferramentas, mantemento, calidade, ou para calquera outro traballo non ligado directamente á producción de pezas, a asignación da prima de posto será facultade da dirección da empresa.

Tanto os peóns e especialistas como as demais categorías laborais, cando ocupen postos productivos cronometrados, percibirán o plus de actividade en función do KB realizado, sen teren, en ningún caso, o dereito a percibi-las primas de posto que se estipulan neste artigo 19º, agás a prima que se designa para o persoal que efectúe traballos de soldadura.

Durante a vixencia deste convenio, os peóns ou especialistas con, polo menos, tres anos de antigüidade na empresa, que sexan pasados dun posto de producción cronometrado a outro posto de producción que non o estea (por exemplo, carretilleiros, repartidores, etc.) percibirán unha prima de posto similar na súa contía ó KB medio persoalmente realizado nos seis últimos meses.

c) Persoal de pagamento mensual. Establécense as primas para as categorías e escalas que se indican no referido anexo IV do convenio.

Ó persoal de pagamento mensual, as faltas de puntualidade descontaránselle deducindo do importe asignado o seu 14/nº horas de xornada anual pactada, por cada hora de falta ó traballo.

Tódolos importes asignados de acordo con este artigo reconsideraríanse se a producción media da empresa baixase por debaixo do KB 1.20, sempre que a dita baixa de producción afectase á marcha de traballo dentro do taller de ferramentas, taller de mantemento ou oficinas técnica ou administrativa.

Individualmente, poderá modificarse a prima asignada a cada traballador, no caso dunha manifesta diminución da productividade deste, logo de apercibimento ó interesado e aviso ó comité de empresa.

O persoal das categorías do apartado c) deste artigo, cando sexa de nova contratación, non empezará a devengar esta prima de posto ata despois de seis meses de alta na empresa, e terá dereito, a partir desa data, a un 50% dela durante outro período de seis meses, finalizado o cal terá dereito á súa totalidade, sempre referido á escala A e nas condicións que se regulan neste artigo.

Deixará de percibirse esta prima de posto no caso de que o persoal que a ten asignada pase a ocupar postos de traballo cronometrados, xa que neste caso pasará a percibi-lo plus de actividade de acordo co establecido no artigo 19º deste convenio.

Créase tamén a prima de posto, o devengo da cal está en función dos minutos de presencia para o persoal obreiro que realiza traballos de soldadura CO2. Os importes da dita prima plásmanse no anexo IV deste convenio.

Artigo 22º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos-ruídos.

Seguiranse os criterios da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica vixente, en canto á determinación dos postos de traballo que teñen dereito á bonificación por penosidade, toxicidade e perigosidade.

Fíxanse as seguintes contías por hora de traballo efectivo, para o persoal que ocupe postos de traballo declarados tóxicos, penosos e/ou perigosos.

a) Persoal afectado por un destes supostos, 25 ptas/hora para o ano 1995.

b) Persoal afectado por dous ou máis destes supostos, 38 ptas/hora para o ano 1995.

c) Persoal que realice traballos de pintura na cadea auxiliar de pintura, nun ou máis supostos, 80 ptas/hora para o ano 1995.

As cantidades antes mencionadas sufrirán, nos anos 1996 e 1997, os incrementos salariais pactados para os ditos anos e incluídos no artigo 26º a) deste convenio.

Ruídos:

Aboarase o plus correspondente a traballos tóxicos, penosos e/ou perigosos a razón de 25 ptas por hora de traballo efectivamente realizada durante o ano 1995, naqueles postos de traballo nos que se acaden niveis de ruído equivalente diario superiores a 90 dB (A), e en concepto da perigosidade e/ou penosidade que puidese vir derivada do desempeño do traballo nos ditos postos.

O persoal que traballe en postos cun nivel de ruído equivalente diario comprendido entre os 80 e os 90 dB (A), percibirá durante os anos de vixencia do convenio, a cantidade de 1.000 ptas. ó ano, en concepto de perigosidade e/ou penosidade que puidese vir derivada do desempeño do traballo nos ditos postos.

Serán realizadas novas medicións unha vez finalizadas as obras de reforma de fábrica, co fin de determinar qué máquinas e con que útiles se superan os 80 e/ou 90 dB (A) de ruído equivalente diario. Dirección e comité de empresa poderán supervisar que as condicións nas que se efectúen as ditas medicións sexan as correctas desde o punto de vista técnico.

En tanto non se efectúen as novas medicións mencionadas no parágrafo anterior e para o pagamento do plus correspondente mencionado nos dous primeiros parágrafos, tomarase como referencia o informe do gabinete de seguridade e hixiene de xaneiro de 1991 e os postos de traballo, que segundo consta nel, superaban os 80 e 90 dB (A) de ruído equivalente diario.

Artigo 23º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias de verán e Nadal serán aboadas a razón de trinta días sobre salario convenio, antigüidade, plus de asistencia e puntualidade e prima de posto, por partes proporcionais ó tempo efectivamente traballado.

Ademais, satisfarase a media do plus de actividade ou prima de posto, de acordo coas fórmulas seguintes:

Paga de verán: pesetas de plus de actividade ou prima de posto percibidas durante o primeiro semestre do ano en curso, dividido entre seis.

Paga de Nadal: pesetas de plus de actividade ou prima de posto percibidas nas pagas ordinarias de xullo a novembro do ano correspondente, ambas inclusive, dividido entre cinco.

As pagas extraordinarias de verán e Nadal serán aboadas os días 17 de xullo e 20 de decembro respectivamente. En caso de coincidiren as ditas datas en domingo ou festivo, os pagamentos satisfaranse o día anterior.

Artigo 24º.-Horas extraordinarias.

A retribución das horas extraordinarias será a que figura segundo categorías, escalas e KB realizado, nos anexos V e V bis, horas extraordinarias.

Se as circunstancias técnicas ou productivas así o esixisen, a empresa poderá establece-la realización dun máximo de 80 horas extraordinarias estructurais por traballador e ano.

Considéranse horas extraordinarias estructurais aquelas que resulten necesarias para atender pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade da que se trate: mantemento, reparación de avarías, etc.

Naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, considerarase obrigatoria a realización de horas extraordinarias. A posible realización de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

Artigo 25º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento dos haberes devengados efectuarase por períodos mensuais naturais vencidos, e o pagamento satisfarase a través dunha entidade bancaria ou caixa de aforros, mediante pagamento na conta do traballador, o día 30 de cada mes, dun anticipo a conta de 100.000 ptas. e procederase o día 15 do mes seguinte á liquidación definitiva dos haberes devengados no mes anterior.

En caso de coincidiren os ditos días en domingo ou festivo, os pagamentos citados satisfaranse o día anterior ás ditas datas.

En caso de varia-lo actual sistema de pagamento ou ó finalizaren as relacións laborais coa empresa, descontaranse os anticipos individuais de 15.000 ptas. que, como consecuencia da formalización do pagamento actual, lle foron aboados ó persoal.

Artigo 26º.-Revisión salarial.

a) Incremento salarial. Acórdase un incremento salarial para cada un dos tres anos de vixencia do convenio, dun 0,75% sobre o IPC real de cada ano.

As táboas salariales que se van aplicar ó comezo de cada un dos anos de vixencia do convenio serán as definitivas do ano anterior (unha vez aplicada a cláusula de revisión salarial se así procedese) incrementadas na porcentaxe de previsión oficial de incremento do IPC para ese ano, mailo 0,75%.

b) Revisión salarial. En caso de que o IPC rexistrase a final de cada un dos anos de vixencia do convenio unha evolución superior ó IPC previsto e aplicado ás táboas salariais do ano anterior, efectuarase unha revisión salarial con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro do ano do que se trata, de tal forma e na contía suficiente, para que a suba salarial ó 31 de decembro dese ano resulte ser un 0,75% superior ó IPC real.

Artigo 27º.-Seguridade e hixiene.

A empresa dotará o persoal da adecuada roupa de traballo.

O persoal obreiro recibirá unha funda, bata ou conxunto de chaqueta e pantalón (segundo necesite para o desenvolvemento do seu labor), unha toalla cada seis meses, e un par de botas ó ano.

A dirección contratará un recoñecemento médico anual, como mínimo, para todo o persoal. O tempo empregado neste considerarase como de traballo efectivo.

A xornada na que se realice o recoñecemento médico, o persoal non acudirá ó traballo.

Á hora de confecciona-lo calendario anual, trasladaranse a outra xornada distinta da que se efectúa o recoñecemento médico, as horas non empregadas na realización deste. Neste caso, e en tanto non varíen as actuais circunstancias organizativas (desprazamentos, tempos de espera, distancias ó centro médico) considerarase que o tempo necesario para a realización do recoñecemento é de tres horas. Se se modificase a organización, tería que modificarse o tempo considerado para a súa realización e amplialo ou reducilo para acomodalo ás novas circunstancias.

O persoal comprométese á limpeza semanal do seu posto de traballo, como contribución á maior hixiene posible dentro do centro de traballo. Para tal fin, a empresa habilitará o tempo necesario para a realización da limpeza do posto e o dito tempo será considerado como tempo efectivo de traballo.

Artigo 28º.-Previsión política e social.

a) Nos casos de baixa por accidente, a empresa pagará o salario convenio, antigüidade, plus de asistencia e puntualidade e prima de posto, como se o persoal afectado estivese traballando en fábrica. En canto á prima de producción, percibirá o promedio do KB realizado nos últimos seis meses de traballo efectivo.

Respecto ás baixas de enfermidade, se durante o seu proceso se produce intervención cirúrxica ou hospitalización, procederase de igual forma ó establecido no parágrafo anterior.

b) A dirección, na primeira baixa do ano por enfermidade, completará as prestacións da Seguridade Social, durante un período abranguido entre o cuarto día a partir da baixa e ata o vixésimo día inclusive, ata o 75% da base reguladora.

c) A dirección contribuirá , en concepto de axuda escolar anual durante o ano 1995, para cada un dos fillos dos traballadores, coas seguintes asignacións:

A partir dos 3 anos de idade e para Educación Infantil ou EXB, 9.568 ptas.

Para estudiantes de BUP, COU ou FP, 17.832 ptas.

Para a realización de estudios superiores, 34.360 ptas.

Estas axudas faranse efectivas coas nóminas do mes de agosto ou setembro, logo de entrega dos xustificantes.

d) Seguro de vida colectivo, as condicións do cal figuran no duplicado da póliza que está en poder do comité de empresa, do que terá cada un dos asegurados un certificado. A cobertura do seguro principal será de 1.500.000 ptas.

e) A dirección concédelles ós traballadores as axudas económicas seguintes:

Por contraer matrimonio, 30.119 ptas.

Por nacemento de fillo, 13.701 ptas.

Por non poder acceder a dota-lo noso persoal dun economato laboral propio da empresa, cada un dos traballadores percibirá nas pagas extraordinarias de verán e Nadal, a cantidade de 8.917 ptas. en cada unha delas.

f) A dirección disporá dun importe total de ata 6.500.000 ptas. para préstamos ó persoal, co fin de que poidan facer fronte a gastos extraordinarios, os cales deben ser debidamente xustificados, e terá preferencia o destinado á adquisición de vivenda, nas condicións seguintes:

-Cantidade máxima de préstamo por empregado, 800.000 ptas.

-Prazo máximo de amortización, 48 meses.

Por ser libres de xuro, o beneficiario farase cargo do gasto fiscal qque implique, por aplicación da Lei 18/1991, do 8.6 do IRPF sobre retribucións en especie.

A dirección informaralle ó comité de empresa periodicamente dos préstamos solicitados, os concedidos e os fondos dispoñibles.

Os importes das axudas escolares, matrimonio e nacemento de fillos antes mencionados, sufrirán nos anos 1996 e 1997 os incrementos salariais pactados para os ditos anos e incluídos no artigo 26º a) deste convenio.

Artigo 29º.-Contratación.

a) Contrato de obra

Co fin de potencia-la utilización das modalidades de contratación previstas pola lei, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado, segundo o previsto no artigo 15.1º apartado a) do Estatuto dos traballadores, modificado en virtude da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Os ditos contratos poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados polo volume adicional de traballo que representan que, limitados no tempo e cunha duración que sexa certa ou poida preverse, estean directa ou colateralmente relacionados co proceso productivo da empresa. A presente inclusión neste convenio non poderá entenderse en ningún caso como unha limitación á modalidade contractual prevista no referido artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores.

b) Empresas de traballo temporal

O persoal pertencente ás empresas de traballo temporal reguladas pola Lei 14/1994, do 1 de xuño,

que preste os seus servicios en Viza durante os anos 1995, 1996 e 1997, percibirá como mellora ás condicións retributivas que fixe o convenio colectivo que lle sexa de aplicación:

a) A cantidade de 200 ptas. por día efectivamente traballado no ano 1995 en concepto de plus de transporte.

b) Prima de producción mensual (soamente para o persoal adscrito a postos cronometrados) e a súa contía será o 70% dos valores de Viza para o dito concepto retributivo, e as condicións para a súa percepción, as mesmas que para o persoal da nosa empresa. A contía pasará a ser do 90% dos valores antes mencionados a partir do cumprimeno dun ano de antigüidade por permanencia continuada en Viza.

Para as materias referidas nos parágrafos anteriores non rexe o principio de retroactividade ó un de xaneiro do ano en curso, polo que será de aplicación a partir da data na que se asine o presente convenio colectivo.

Disposicións adicionais

Primeira.-O comité de empresa que asina o presente convenio desiste expresamente durante a súa vixencia do exercicio do dereito de folga nos conflictos derivados da aplicación de calquera das materias contidas nel.

No suposto de discrepancias sobre a aplicación do convenio, procederase da seguinte forma:

1. A comisión paritaria coñecerá do conflicto e emitirá informe.

2. En caso de persistiren as discrepancias, o conflicto someterase a un procedemento de mediación para intenta-la consecución dun acordo entre as partes. A elección de mediador realizarase logo de acordo das partes.

3. De resultar infructuosa a mediación e non haber acordo, quedará a criterio das partes acudir a un sistema de arbitraxe ou ben acudir ó ámbito xudicial competente.

A presente disposición adicional considerarase, para tódolos efectos, como cláusula de carácter obrigatorio.

Segunda.-A empresa aboaralle o plus correspondente ós traballos tóxicos, penosos e/ou perigosos a razón de 24 ptas. por hora de traballo efectivamente realizada, ó persoal que efectuase traballos durante o ano 1994 nos postos nos que, segundo o informe do gabinete de seguridade e hixiene de xaneiro de 1991, se superaban os 90 dB (A). Para determina-lo número de horas traballadas nos ditos postos, utilizaranse os partes de traballo do mencionado ano. Non será de aplicación o mencionado no presente parágrafo para aquelas persoas que, por resolución xudicial, xa percibisen cantidades no dito concepto e para o mencionado ano.

Terceira.-A parte social desistirá de tódalas accións xudiciais ou administrativas en materia de

penosidade e/ou perigosidade por ruídos, pendentes de resolución e iniciadas con anterioridade á sinatura do presente acordo.

Disposición final

Única.-Lexislacións subsidiarias.

En todo o non previsto no presente texto, haberá que aterse ó disposto na derrogada ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica, do 29 de xullo de 1970, así como á Lei 8/1980, do 19 de marzo, do Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de carácter xeral.

ANEXO I

SALARIO CONVENIO (ANO 1995)

Persoal horario

Categorías profesionaisPtas. brutas

Hora

Oficial de 1ª478.03
Oficial de 2ª455.60
Oficial de 3ª444.39
Especialista440.62
Peón348.56
Traball., 17 anos231.60
Traball., 16 anos200.34

Persoal mensual

Categorías profesionaisPtas. brutas

Mes

Técnicos titulados
Péritos181.749
Enx. Téc. industrial168.055
Técnicos de taller
Xefe de taller155.607
Mestre de taller135.689
Mestre segundo126.227
Contramestre135.689
Encargado124.485
Técnicos de oficina
Delineante proxectista142.289
Delineante de primeira123.240
Delineante de segunda108.302
Organización científica do

traballo Admtvos.

Xefe de primeira155.607

Persoal mensual

Categorías profesionaisPtas. brutas

Mes

Xefe de segunda139.423
Técnico ou oficial de 1ª123.240
Técnico ou oficial de 2ª113.282
Auxiliar95.106
Persoal subalterno
Chofer de camión109.547
Almaceneiro109.547
Ordenanza78.426

ANEXO II

PULS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE (ANO 1995)

Persoal horario

Categorías profesionaisPtas. brutas

Hora

Oficial de 1ª66.01
Oficial de 2ª66.01
Oficial de 3ª66.01
Especialista66.01
Peón66.01
Traball., 17 anos24.91
Traball., 16 anos18.64

Persoal mensual

Categorías profesionaisPtas. brutas

Mes

Técnicos titulados
Péritos16.056
Enx. Téc. industrial16.056
Técnicos de taller
Xefe de taller16.056
Mestre de taller16.056
Mestre segundo16.056
Contramestre16.056
Encargado16.056
Técnicos de oficina
Delineante proxectista16.056
Delineante de primeira16.056
Delineante de segunda16.056

Persoal mensual

Categorías profesionaisPtas. brutas

Mes

Organización científica do

traballo Admtvos.

Xefe de primeira16.056
Xefe de segunda16.056
Técnico ou oficial de 1ª16.056
Técnico ou oficial de 2ª16.056
Auxiliar16.056
Persoal subalterno
Chofer de camión16.056
Almaceneiro16.056
Ordenanza16.056

ANEXO III

PLUS DE ACTIVIDADE (ANO 1995)

KB. medio alcanzadoPtas./minuto

producido

KB. 1.000.40
KB. 1.010.48
KB. 1.020.54
KB. 1.030.62
KB. 1.040.68
KB. 1.050.75
KB. 1.060.82
KB. 1.070.89
KB. 1.080.96
KB. 1.091.03
KB. 1.101.09
KB. 1.111.17
KB. 1.121.23
KB. 1.131.31
KB. 1.141.38
KB. 1.151.44
KB. 1.161.51
KB. 1.171.57
KB. 1.181.66
KB. 1.191.72
KB. 1.201.78
KB. 1.211.86
KB. 1.221.93
KB. 1.232.00
KB. 1.242.06
KB. 1.252.12
KB. 1.262.20
KB. 1.272.26
KB. 1.282.34
KB. 1.292.40
KB. 1.302.47
KB. 1.312.54
KB. 1.322.61

KB. medio alcanzadoPtas./minuto

producido

KB. 1.332.68
KB. 1.342.70
KB. 1.352.72
KB. 1.362.75

KB. medio alcanzadoPtas./minuto

producido

KB. 1.372.78
KB. 1.382.80
KB. 1.392.83
KB. 1.402.87

ANEXO IV

PRIMAS DE POSTO (ANO 1995)

Persoal obreiro de oficio(Ptas./minuto)

CategoríasEscalas

profesionaisABCDEF

Oficial de 1ª4.995.565.625.81
Oficial de 2ª4.374.654.995.55
Oficial de 3ª1.051.782.833.754.264.34

Peóns ou especialistas non afectos a postos cronometrados(Ptas./minuto)

CategoríasEscalas

profesionaisABCDEF

Peóns0.732.302.803.303.674.32
Especialistas0.732.302.803.303.674.32

Persoal mensual(Ptas./minuto)

CategoríasEscalas

profesionaisABCDEF

Técnicos titulados
Péritos17.60247.478
Enx. Téc. industrial17.60247.478
Técnicos de taller
Xefe de taller53.26862.53369.480109.315
Mestre de taller62.53370.63883.37792.877
Mestre segundo55.58461.63565.36869.480
Contramestre38.21444.00454.42683.694
Encargado22.00230.108
Técnicos de oficina
Delineante proxectista53.26861.14372.95486.271
Delineante de primeira41.68847.47854.05060.216
Delineante de segunda23.160

Persoal mensual(Ptas./minuto)

CategoríasEscalas

profesionaisABCDEF

Organización científica do

traballo Admtvos.

Xefe de primeira55.584
Xefe de segunda55.584
Técnico ou oficial de 1ª41.68847.47854.05068.351
Técnico ou oficial de 2ª23.16030.10838.21460.506
Auxiliar6.94813.89643.07847.478
Persoal subalterno
Chofer de camión23.16030.10837.14339.372
Almaceneiro23.16030.10837.14344.143
Ordenanza6.948

Persoal que realiza traballos de soldadura CO

KB. medio alcanzadoPtas./minuto

KB. 1,000.07
De KB. 1,01 a KB. 1,060.14
De KB. 1,07 a KB. 1,120.20
De KB. 1,13 a KB. 1,180.25
De KB. 1,19 a KB. 1,240.31
De KB. 1,25 a KB. 1,300.36
De KB. 1,31 a KB. 1,400.41

ANEXO V

HORAS EXTRAORDINARIAS (ANO 1995)

Prezos/hora do persoal no suxeito a KB.

CategoríasABCDEF

profesionaisDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivos

Oficial 1ª1.1961.4351.4951.7941.5291.8351.5331.8391.5441.853
Oficial 2ª1.1531.3831.4151.6981.4321.7181.4521.7431.4851.783
Oficial 3ª1.1311.3571.1941.4321.2381.4851.3011.5611.3561.6271.3871.6641.3911.669
Especialista1.1231.3491.1671.4011.2621.5141.2921.5501.3221.5861.3441.6121.3831.659
Peón9471.1379911.1901.0861.3031.1161.3391.1451.3751.1671.4011.2061.448
Técnicos titulados
Peritos1.7152.0571.7882.1451.9122.295
Enx. Téc. Industr.1.6071.9281.6802.0161.8042.165
Técnicos de taller
Xefe de taller1.5081.8101.7302.0761.7692.1221.7982.1571.9642.356
Mestre de taller1.3511.6211.6111.9341.6451.9741.6982.0381.7382.085
Mestre segundo1.2761.5321.5081.8101.5331.8401.5491.8591.5661.879
Contramestre1.3511.6211.5101.8121.5341.8411.5781.8931.7002.040
Encargado1.2631.5151.3551.6251.3881.666
Técnicos de oficina
Delineante proxectista1.4031.6841.6251.9501.6581.9901.7072.0491.7632.115
Delineante de primeira1.2531.5041.4271.7131.4511.7421.4791.7741.5041.805
Delineante de segunda1.1351.3621.2321.478
Org. Cientif. traballo e Admtvos.
Xefe de primeira1.5081.8101.7402.088
Xefe de segunda1.3801.6571.6121.934
Téc. ou oficial de 1ª1.2531.5041.4271.7131.4511.7421.4791.7741.5381.846
Téc. ou oficial 2ª1.1751.4101.2711.5261.3001.5601.3341.6011.4271.712
Auxiliar1.0311.2371.0601.2721.0891.3071.2111.4531.2291.475

Prezos/hora do persoal no suxeito a KB.

CategoríasABCDEF

profesionaisDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivos

Persoal subalterno
Chofer de camión1.1441.3741.2411.4891.2701.5241.2991.5591.3081.570
Almaceneiro1.1441.3741.2411.4891.2701.5241.3131.5761.3281.594
Ordenanza8991.0799281.114

ANEXO V

(bis)

HORAS EXTRAORDINARIAS (ANO 1995)

Prezos/hora do persoal no suxeito a KB.

Categorias

KB.Oficial 1ªOficial 2ªOficial 3ªEspecialistaPeón

DiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivos

1.001.2201.4641.1771.4131.1551.3851.1481.3779721.166
1.011.2251.4701.1821.4181.1601.3921.1521.3839771.172
1.021.2291.4751.1861.4231.1641.3971.1571.3899811.177
1.031.2341.4811.1921.4291.1691.4031.1611.3949861.183
1.041.2381.4871.1961.4341.1741.4081.1671.3999901.188
1.051.2431.4921.2001.4401.1781.4141.1711.4059951.194
1.061.2481.4981.2051.4461.1831.4201.1761.4121.0001.200
1.071.2531.5031.2101.4521.1881.4261.1811.4171.0051.205
1.081.2581.5111.2161.4581.1941.4321.1861.4231.0101.212
1.091.2621.5151.2201.4641.1981.4381.1911.4281.0141.217
1.101.2681.5211.2251.4701.2031.4431.1961.4341.0201.223
1.111.2731.5281.2301.4761.2081.4501.2011.4411.0251.230
1.121.2781.5341.2351.4821.2131.4561.2061.4471.0301.236
1.131.2841.5411.2421.4901.2201.4631.2121.4541.0361.243
1.141.2901.5471.2471.4961.2251.4701.2181.4611.0411.249
1.151.2951.5531.2521.5021.2301.4761.2231.4671.0471.256
1.161.3011.5621.2581.5101.2361.4831.2291.4741.0531.264
1.171.3061.5681.2641.5161.2421.4901.2341.4811.0581.270
1.181.3131.5751.2701.5241.2481.4971.2411.4891.0641.277
1.191.3191.5831.2751.5301.2531.5041.2461.4951.0701.284
1.201.3241.5891.2811.5381.2591.5111.2521.5021.0761.291
1.211.3311.5971.2871.5451.2661.5191.2581.5111.0821.299
1.221.3361.6041.2941.5521.2721.5261.2651.5171.0881.306
1.231.3441.6121.3001.5611.2781.5351.2711.5251.0951.315
1.241.3491.6191.3061.5681.2841.5421.2771.5321.1011.321
1.251.3551.6261.3111.5741.2901.5481.2821.5391.1061.328
1.261.3621.6351.3191.5831.2971.5561.2901.5471.1131.336
1.271.3681.6421.3251.5901.3031.5641.2961.5551.1201.344
1.281.3751.6501.3321.5991.3101.5721.3031.5641.1271.352
1.291.3811.6591.3391.6061.3171.5801.3091.5711.1331.360
1.301.3891.6661.3461.6151.3231.5881.3161.5791.1391.368
1.311.3961.6751.3531.6231.3311.5971.3241.5881.1481.377
1.321.4021.6831.3591.6321.3381.6051.3301.5961.1541.384
1.331.4111.6921.3671.6411.3451.6141.3381.6051.1611.394

ANEXO VI

HORARIOS DE TRABALLO (ANO 1995)

Horario da quenda de mañá:De 6 a 14.10 h.
Descanso bocadillo:De 10 a 10.15 h.
Traballo efectivo:475 minutos/día
Horario da quenda de tarde:De 14.10 a 22 h.
Descanso bocadillo:De 19.15 a 19.30 h.
Traballo efectivo:475 minutos/día
Horario da quenda de noite:De 22 a 6.10 h.
Descanso bocadillo:De 3 a 3.15 h.
Traballo efectivo:475 minutos/día

Horario da quenda partida:De 8 a 13.10 h.

e de 16 a 19 h.

Descanso bocadillo:De 15 minutos/día
Traballo efectivo:475 minutos/día

Horario do día 22 de decembro:
Quenda de mañá:De 6 a 12.50
(-80 minutos) Quenda de tarde:De 14.10 a 21
(6 h e 35 m + 15 m bocadillo)Quenda partida:

De 8 a 12.50
De 16 a 18

Logo de acordo coa manioría dos traballadores da quenda de tarde, poderase acorta-lo horario da dita quenda na véspera da festividade de Reis, e recuperar esas horas posteriormente e na forma na que se acorde.

ANEXO VII

CALENDARIO LABORAL 1995

Xornada anual pactada 1.772 horas = 106.320 minutos.

MesesDías

laborables

(Luns

venres)

Días non

laborables

Minutos

traballo

efectivo

Xaneiro21109.975
Febreiro2089.500
Marzo22910.450
Abril18128.550

MesesDías

laborables

(Luns

venres)

Días non

laborables

Minutos

traballo

efectivo

Maio21109.975
Xuño22810.450
Xullo19129.025
Agosto4271.900
Setembro2199.975
Outubro21109.975
Novembro2199.975
Decembro14176.570
Totais 224141106.320

Vacacións (30 días) do 31 de xullo ó 27 de agosto

28 e 29 de decembro

CALENDARIO LABORAL 1995

0489