Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 952

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 17 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e nos servicios centrais do Sergas.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

O significado das claves numéricas que aparecen na columna «corpo/escala» dalgún dos postos de traballo incluídos no anexo I da presente orde é o establecido no anexo da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 11 de febreiro de 1994, publicado no DOG n.º 41, do 1 de marzo de 1994, na súa páxina 983.

Así mesmo, de conformidade co artigo 7.2º b) do III convenio colectivo único para persoal laboral da Xunta de Galicia, algúns postos do anexo I da presente orde especifican as categorías do grupo II do citado convenio que poden acceder a eles, segundo o disposto na Resolución do 24 de novembro de 1995 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de novembro de 1995, polo que se aproban as relacións de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia.

Segundo.-Poderán concorrer a ela as persoas que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais (edificio de San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela), segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

As ditas solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das súas delegacións provinciais, nos das direccións provinciais do Sergas ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. A súa resolución farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos algún ou tódolos postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sexto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios conforme ó disposto na disposición transitoria oitava punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

O persoal estatutario con praza en propiedade no Sergas, suxeito ó estatuto xurídico do persoal médico da Seguridade Social, aprobado polo Decreto 3160/1966, do 23 de decembro, que resulte seleccionado, quedará na situación prevista no artigo 13.1º do devandito estatuto.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó de cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os mesmos prazos rexen para o persoal laboral, de conformidade co artigo 7.3º do devandito III convenio colectivo único.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

CódigoDenominación do postoDependenciaLocalidadeTipo de

posto

GrupoNivel

C.D.

Complemento

específico

Corpo/escada

Subdirección xeral de Protección da SaúdeDirección Xeral de Saúde PúblicaSantiago de

Compostela

SA302.229.1561.1./1.2/5./7.
Servicio de Saúde Mental e Programas especiais en atención especializadaDirección Xeral de Asistencia SanitariaSantiago de

Compostela

SA281.639.1041.1/1.2/5./7.
SAC 994030132001001Director-administradorFogar Centro de Coordinación ProvincialOurenseSA/B/C22786.756Xeral

CódigoDenominación do postoDependenciaLocalidadeGrupoCategoríaPlus

convenio

Observacións

SAC994030215001001Director-administradorFogar 3ª IdadeA CoruñaII1, 4, 5, 6, 17, 26 30487.140Funcións dirección e animación socio cultural
SAC994030115350001Director-administradorFogar 3ª IdadeFerrolII1, 4, 5, 6, 17, 26 30405.960Funcións dirección e animación socio cultural
SAC994030127001001Director-administradorFogar 3ª IdadeLugoII1, 4, 5, 6, 17, 26 30405.960Funcións dirección e animación socio cultural

737