A Mesa do Parlamento de Galicia, en reunión celebrada o día 31 de xaneiro de 1996, á vista da documentación presentada, acordou nomear funcionaria interina a Mª del Carmen Fernández Dasilva para ocupa-la praza de xefa da Unidade de Caixa e Contabilidade do Parlamento de Galicia de conformidade co disposto na base VIII da convocatoria.
Para os efectos de cumpri-lo disposto na devandita base e na lexislación vixente sobre función pública, ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
O que se publica para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1996.
Victorino Núñez Rodríguez
Presidente do Parlamento de Galicia
403