A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
Contratación dun estudio técnico sobre a reorganización de laboratorios do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.
Orzamento: 12.000.000 de ptas. (IVE incluído).
Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público nº 1/1996, tramitado con carácter urxente.
Prazo de execución: 6 meses, contados desde a subscrición do contrato.
Admisión de variantes: sempre que se cumpra o establecido no prego de cláusulas técnicas particulares.
Solvencia económica e financeira: non se require.
Solvencia técnica: titulacións académicas e profesionais do persoal directivo e persoal responsable da execución do proxecto. Experiencia profesional en traballos realizados de similares características polo persoal que se responsabilizaría do proxecto (indicando datas e servicios dos derradeiros 3 anos). Outras experiencias profesionais no sector de laboratorios.
Clasificación económica: grupo I, subgrupo 3, categoría A.
Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.
Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.
Criterios de adxudicación: valor técnico 4 puntos. Experiencia 4 puntos. Prezo 2 puntos.
Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión e SS.XX. do complexo hospitalario, rúa Ramón Puga, nº 52 (edificio Administración, planta baixa), de Ourense, en días laborables, de 9 a 13 horas.
Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador
ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á dirección xerencia do complexo hospitalario, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrá por conta do adxudicatario do contrato.
Ourense, 19 de xaneiro de 1996.
Pedro A. Soler Bordoy
Director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor
0522