Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 1996 Páx. 931

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (391/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dos de Santiago de Compostela e o seu partido,

Fai saber: neste xulgado seguese xuízo verbal civil número 391/1995, por instancia da procuradora Soledad Sánchez Silva, en nome e representación do demandante Jesús Flores Calvete, contra Juan Molia Prieto, Concesionaria Española-Autopistas del Atlántico e contra a compañía de seguros La Estrella, actuacións nas que se dictou a resolución que literalmente di así: sinálase para a comparecencia que prevé a lei o próximo 14 de febreiro de 1996 ás 10.30 horas, e cítanse as partes comparecidas e o codemandado Molia Prieto, o que se cita mediante edictos.

E para que así conste e sirva de cédula de notificación ó demandado Juan Molia Prieto que tivo o seu último domicilio coñecido na rúa A. Piñeiro, nº 24 de Santiago de Compostela, expídese e asínase o presente edicto en Santiago de Compostela o 11 de xaneiro de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

678