Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 1996 Páx. 930

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (207/1994).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela.

Fai público que ante este xulgado e co número 207/1994, promovido por Juventina Cruz Regueiro, accionando en nome propio e en beneficio da comunidade de herdeiros do seu falecido esposo Albino Otero Carollo, que forma cos seus fillos, Carmen María, Andrés e Marcelino Otero Cruz, tramítase expediente de dominio para a reanudación do tracto sucesivo interrompido e inscrición no Rexistro da Propiedade, do predio que de describe así:

-Casa número sete moderno e tres antigo, sita na rúa Entremuros, parroquia de Santa María do Camiño, desta cidade de Santiago de Compostela, que confirna pola dereita co número cinco moderno que foi desta procedencia e hoxe é de Manuel Pintos Sampayo; esquerda, co número nove moderno dos herdeiros de Ana María Banzas e traseira co calexón de Entremuros, ó que ten luces e portas de comunicación; e á cuadra que foi parte traseira da casa nº 9 moderno da rúa de Entremuros, coa porta de entrada polo calexón deste, que ocupa a superficie de catro varas e media de largo e nove e media de longo y confina pola esquerda coa casa número tres de Juan Pumariño, as cales, casa e cuadra, forman unha soa e atópanse gravadas coa pensión de cento sete pesetas e cincuenta céntimos ó Hospital de San Miguel ou de San Roque e hoxe para Concepción Mora López.

E de conformidade co acordado e o disposto na Lei de regulamento hipotecario, por medio do presente edicto convócase a cítanse para comparecer no expediente, dentro do temro de dez días, alegando o que no seu dereito conveña, as seguintes persoas:

1. As ignoradas á que poida prexudica-la inscrición solicitada.

2. As que se consideren titulares dalgún dereito real constituído.

3. Os titulares rexistrais José Mariño Vázquez e Pilar Vaamonde López, ou ós seu herdeiros, sucesores ou habentes-causa.

4. A mesma Pilar Vaamonde López e ós seus fillos Manuela, Pilar Ana e Xosé Mariño Vaamonde; Encarnación Outeiral Díaz e fillos, Daniel e Dolores Mariño Outeiral, Pilar Ángela López Posee e Xesús Folgar Calvo, ós herderios sucesores ou habentes-causa de todos eles, como as persoas de que de forma mediata e inmediata procede o predio.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1995.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

0654