Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 1996 Páx. 930

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (229/1995).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido fai saber que neste xulgado, baixo o número 229/1995, séguese procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia do Banco Hipotecario de España S.A. representado pola procuradora Fernández Rial, contra Alfonso Íñiguez Mato e María Teresa Vázquez Rodríguez, en reclamación de crédito hipotecario, na actuación do cal se acordou sacar a primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa taxación, o seguinte predio contra a que se procede:

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o próximo día 15 de marzo ás 10 horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate é de 8.000.000 de pesetas, e non se admiten ofertas que non cubran a dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente na mesa do xulgado, o establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderá facerse o remate coa condición de ceder a un terceiro.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel o importe da consignación a que se refire o apartado 2 ou acompañando o resgardo de facela no establecemento destinado para o efecto.

Os autos e a certificación rexistral están ó dispor do público na secretaría e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos.

As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar; enténdese que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

En caso de que quedase deserta a primeira poxa, sinálase para a segunda o próximo día dezanove de abril ás 10 horas, e en caso de quedar deserta haberá unha terceira o próximo día vinte de maio ás 10 horas.

O predio obxecto de poxa é o seguinte:

Predio sito na parroquia de Présaras, municipio de Vilasantar, nesta provincia: casa de planta baixa, en mal estado de conservación, distribuído en cociña, comedor e catro cuartos e cuarto de baño, cun alpendre e terreo todo arredor destinado a labrantío, que todo forma un só predio de doce áreas cincuenta

centiáreas, das que corresponden á casa propiamente dita uns noventa e un metros cadrados e ó alpendre uns cincuenta metros cadrados. Estrema o conxunto: ó norte, coa estrada de Présaras a San Vicente, nunha liña de trinta e cinco metros e sesenta centímetros; sur, en liña de trinta e dous metros e sesenta centímetros; máis de Manuel Blanco López e esposa; leste, en liña de trinta e seis metros e corenta centímetros, Luis Vaamonde García, e oeste en liña de trinta e seis metros e corenta centímetros, Lucrecia García Sexto.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Arzúa, tomo 210 de Vilasantar, libro 18, folio 170 volto, predio número 2228.

Para que produza os efectos oportunos, expido o presente en Arzúa, 17 de xaneiro de 1996.

O maxistrado-xuíza

Rubricado

95-0661