Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 1996 Páx. 924

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1996 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (1/1996 e dez máis).

De conformidade co establecido no título quinto da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar concurso para as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), modificado parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro) e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionariso civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós citados concursos esísense os seguintes requisitos:

a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións cos españois:

-Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea logo de acreditar a nacionalidade consonte o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados mem

bros da Unión Europea e demáis normativa de desenvolvemento.

-Trala acreditación, os nacionais daqueles estados ós que en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os setenta anos de idade.

c) Non ter sido separado, do servicio da Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o acceso e exercicio da función pública.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría da praza, e, de se-lo caso, titulación suficiente debidamente recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia para o exercicio profesional en España como profesor universitario.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, conforme o previsto no artigo 4.1º c), do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acreditar ter sido eximidos de tales requisitos.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivera contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá a correspondente solicitude ó rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo o modelo do anexo II, debidamente cuberta, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustificar ter aboado 8.660 ptas. en concepto de inscripción na conta da Universidade de Vigo, Outros ingresos, número 04.000.022599-4 de Caixa Galicia, O.P., achegando coa súa solicitude resgardo acreditativo do ingreso realizado, referenciando esta convocatoria.

Quinta.-Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a súa constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que se cita, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, de se-lo caso, ós suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución da mesma.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos concursantes e con sinalamento da data, hora e lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregarán ó presidente da comisón a documentación sinalada no artigo 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño.

Oitavo.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na Secretaría Xeral da Universidade no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de conclusión da actuación da comisión por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou documento equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico para o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade, expedida pola dirección provincial ou consellería, segundo proceda, competentes en materia de sanidade.

c) Declaración xurada de non ter sido separado de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o acceso e exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar ditos documentos e requisitos, debendo presentar certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Vigo, 17 de xaneiro 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: prospección e investigación mineira.

Departamento ó que está adscrita: en constitución.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en prospección e avaliación de recursos I e II.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 2/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: tecnoloxías do medio ambiente.

Departamento ó que está adscrita: en constitución.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en enxeñería xeoambiental, xeoloxía ambiental e tecnoloxía do medio ambiente.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 3/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía alemana.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Inglesa e Alemana.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: doencia en literatura alemana.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 4/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: tecnoloxía electrónica.

Departamento ó que está adscrita: Tecnoloxía electrónica.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en electrónica industrial I e electrónica e instrumentación electrónica.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 5/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento ó que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en matemáticas das operacións financeiras.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 6/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxías galega e portuguesa.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en lingua galega (historia e dialectoloxía da lingua galega).

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 7/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito mercantil.

Departamento ó que está adscrita: Ciencias Xurídicas.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en dereito mercantil.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 8/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito mercantil.

Departamento ó que está adscrita: Ciencias Xurídicas.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en dereito mercantil I.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 9/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: ecoloxía.

Departamento ó que está adscrita: Recursos Naturais e Medio Ambiente.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en ecoloxía (propias da área).

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 10/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escolas universitarias.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería de sistemas e automática.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería de Sistemas e de Linguaxes e Sistemas Informáticos.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en Automatización industrial.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 11/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escolas universitarias.

Área de coñecemento á que corresponde: exeñería de sistemas e automática.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería de Sistemas e de Linguaxes e Sistemas Informaticos.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en enxeñería de sistemas.

Clase de convocatoria: concurso.

447