Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 1996 Páx. 924

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1996 pola que se nomea a comisión que ha xulga-lo concurso de méritos para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade convocada por resolución da Universidade de Vigo do 20 de outubro de 1995.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei parcialmente orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, sobre o procedemento para a designación dos membros que compoñen as comisións que han xulga-los concursos de méritos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolveu, logo de informe da Xunta de Goberno da Universidade, na súa sesión do día 11 de outubro de 1995, nomea-la comisión titular e suplente que ha xulga-lo concurso de méritos convocado mediante Resolución do 20 de outubro de 1995 (BOE do 14 de novembro) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade de Vigo, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Vigo, 17 de xaneiro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Praza de: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química orgánica.

Praza número: 42/1995.

Comisión titular:

-Presidente: Ricardo Jesús Riguera Vega, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

-Vocal secretaria: Mª Teresa Iglesias Randulfe, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

-Vocais:

-Franco Fernández González, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

-Antonio Ibáñez Paniello, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

-Emilia Tojo Suárez, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Comisión suplente:

-Presidente: Antonio Mª Echavarren Pablos, catedrático de universidade. Universidade autónoma de Madrid.

-Vocal secretario: Ramón José Estévez Cabanas, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

-Vocais:

-Jorge Marquet Cortes, catedrático de universidade. Universidade autónoma de Barcelona.

-Francisco Javier Sardina López, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

-Emilio Quiñoa Cabana, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

95-0488