Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 1996 Páx. 932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO da contratación polo sistema de poxa con procedemento aberto da obra de pavimentación e mellora da capa de rodadura en Callobre e outros.

Obxecto: a realización da obra do proxecto indicado redactado polo enxeñeiro técnico de O.P. Alfredo Montero Vaz.

Tipo de licitación: 20.100.000 ptas., á baixa.

Prazo de execución: 4 meses.

Prazo de garantía: 1 ano.

Fianzas: a provisional o 2%; a definitiva o 4%.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 4, categoría C.

Presentación de plicas: entre as 9 e 13 horas dos 26 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG; de ser sábado ou inhábil trasladaríase ó día seguinte.

As plicas presentaranse en dous sobres pechados, un coa documentación e outro coa oferta económica e coa inscrición «Proposición para tomar parte na poxa de pavimentación e mellora da capa de roda

dura en Callobre e outros» e, respectivamente, «Documentación» e «Oferta económica».

A apertura de plicas terá lugar ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte ó último sinalado para a presentación; se fora sábado trasladaríase ó día seguinte.

Documentación: a sinalada no prego de condicións.

Modelo de proposición.

D/Dª...., veciño/a de ..., con enderezo en ..., en nome propio (ou en representación de ...), informado/a do anuncio para a execución das obras de «Pavimentación e mellora da capa de rodadura en Callobre e outros», feito o depósito correspondente e aceptando as responsabilidades e obrigas que impoñen as condicións sinaladas para o efecto, comprométese a executalas pola cantidade de ... (en letra) pesetas.

Os pregos íntegros poden verse no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e facilitaránselle copias a quen o solicite.

A Estrada, 21 de decembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

0077