Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 1996 Páx. 903

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xaneiro de 1996 pola que se incrementa a contía das bolsas predoutorais concedidas por resolucións da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 29 de setembro e 13 de decembro de 1995 (DOG do 25 de outubro e do 26 de decembro).

Por resolucións da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 29 de setembro e 13 de decembro de 1995 (DOG do 25 de outubro e 26 de decembro), concedéronse as prórrogas (primeira e segunda) e as novas adxudicacións das bolsas predoutorais. Nos apartados terceiro e segundo respectivamente, das ditas resolucións establécese a posibilidade de modifica-la contía destas bolsas a partir de xaneiro de 1996 co fin de consegui-la súa total homologación coas de formación do persoal investigador (FPI) que convoca o Ministerio de Educación e Ciencia, no caso de que o citado organismo modificase para o ano 1996 as contías establecidas para o ano 1995.

Considerando que a Secretaría de Estado de Universidades e Investigación, por Resolución do 17 de novembro de 1995 (BOE 1-12) estableceu a contía das bolsas de FPI para o ano 1996 en 110.000 ptas./mes, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Acórdase fixa-la contía mensual das bolsas predoutorais (prórrogas e novas), concedidas por resolucións da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 29 de setembro e 13 de decembro de 1995 (DOG do 25 de outubro e 26 de decembro), en 110.000 ptas. mensuais brutas a partir do 1 de xaneiro de 1996. Este incremento será financiado con cargo á partida orzamentaria 07.05.431A.480.00

do orzamento de gastos da Dirección Xeral de Universidades e Investigación para o ano 1996.

Artigo 2º.-A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

96-503