Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle para reaxuste de alturas na rúa Rosalía de Castro.

O Pleno deste Concello, na súa sesión de 30 de novembro de 1995, aprobou inicialmente o estudio de detalle para reaxuste de volumes da parcela situada no nº 62 da rúa Rosalía de Castro (3702/411), redactado polo arquitecto Víctor Collazo López (con visado do COAG do 27 de setembro de 1995), consistente en reordena-lo volume xerado en ordenanza 1.1.B. na parcela, nunha planta máis desde Rosalía de Castro, co que o edificio pasa a ter baixo e sete plantas desde esta rúa. Declarar, verbo da porción de parcela de 69,43 m situada na traseira da rúa Serafín Avendaño (que xera a edificabilidade que se sitúa na planta superior), coa licencia de edificación, a indivisibilidade do predio matriz, coa súa edificabilidade consumida; deberán practicarse as oportunas inscricións rexistrais.

Suspéndense, ata a aprobación definitiva, as licencias na área abranguida por este instrumento de planeamento secundario, que ten os seguintes lindeiros:

Norte: rúa Rosalía de Castro.

Sur: traseiras de García Barbón, 93 e 95.

Leste: medianeira de Serafín Avendaño, 12, c.v. a Rosalía de Castro.

Oeste: medianeira de Rosalía de Castro, 60.

O que se somete a información pública polo prazo de quince días, coa publicación do anuncio no DOG, BOP, nun xornal dos de maior difusión e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, ademais da notificación persoal ós interesados.

A documentación do expediente está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información urbanística e pódense presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio ata o fin do prazo de exposición, logo do derradeiro anuncio.

Vigo, 10 de xaneiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

0657