Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle das parcelas entre as rúas Portela e Fontáns.

O Pleno deste Concello, na súa sesión do 30 de novembro de 1995, aprobou inicialmente o estudio de detalle das parcelas entre as rúas Portela e Fontáns (3716/411), redactado polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso e Borja Ramilo Méndez, visado polo COAG con data do 31 de xullo de 1995, coa seguinte particularidade: que se presente o proxecto de urbanización do vial ó que se fixarán os avais correspondentes, incluídas expropiacións, e que se fagan as xestións oportunas para obte-la totalidade dos terreos do devandito vial.

Suspéndense, ata a aprobación definitiva, as licencias de parcelación, edificación e demolición na área abranguida por este instrumento de planeamento secundario.

O que se somete a información pública polo prazo de quince días, coa publicación do anuncio no DOG, BOP, nun xornal dos de maior difusión e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, amais da notificación persoal ós interesados.

A documentación do expediente está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información urbanística e pódense presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio ata o fin do prazo de exposición logo do derradeiro anuncio.

Vigo, 15 de xaneiro de 1996.

O alcalde

Rubricado