Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 29 de decembro de 1995, aprobou inicialmente os plans parciais dos solos urbanizables programados da Pontepedriña (SUP-3) e da Choupana (SUP-5). Os expedientes expoñense ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Na mesma sesión acordouse a suspensión polo prazo máximo de dous anos, en cumprimento do que determina o artigo 102.2º do Real decreto lexislativo 1/1992, do outorgamento de licencias para parcelación, edificación ou derruba no ámbito delimitado en planos de ordenación como SUP-3 e SUP-5, así como no destinado ós sistemas xerais (PU-5), adscritos ó SUP-5.

Contra o acordo de suspensión do outorgamento de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1996.

O alcalde

Rubricado

525