Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, e expediente anticipado de gasto, para a resposición dos equipos de radioloxía dos centros de saúde de Lalín e A Estrada.

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cum

pridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: reposición dos equipos de radioloxía para os centros de saúde de Lalín e A Estrada.

Orzamento: 15.300.000 ptas., IVE incluído.

Fianza provisional: 306.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia e expediente anticipado de gasto.

II. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica e financeira:

a) Informe de institucións financeiras ou, no seu caso, xustificantes da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

b) Declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

V. Solvencia técnica:

a) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre eles.

b) Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

c) Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade de artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas.

VI. Criterios de adxudicación:

1. Composición e características do equipo ofertado: ata 10 puntos.

2. Características do servicio técnico: ata 8 puntos.

-Período de garantía.

-Prezo de tubos de reposición.

-Tempo de resposta.

-Outras.

3. Opcións incluidas: ata 8 puntos.

4. Prezo ofertado: ata 6 puntos.

VII. Documentos de interese para os licitadores: o prego de claúsulas administrativas particulares, e demáis documentación complementaria estarán de manifesto e a disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de

San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

VIII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partires do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

IX. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas «C» do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Lázaro, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

X. Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de claúsulas administrativas particulares.

XI. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

459