Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto dunha subministración sucesiva para a adquisición de vacinas para o Programa Galego de Vacinación.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Presupostos e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega da subministración: ver prego de prescricións técnicas.

b) Naturea e cantidade dos productos que deban subministrarse: adquisición de vacinas para el Pro

grama Galego de Vacinación, nas cantidades sinaladas no prego de prescricións técnicas.

Orzamento total: seiscentos trinta e oito millóns trescentas trinta e catro mil novecentas oitenta pesetas (638.334.980 ptas.), IVE engadido.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: posibilidade de licitar por lotes. Ver anexo III do prego de cláusulas administrativas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de cláusulas administrativas, punto 2 da folla de especificacións.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Saúde Pública; Avda. Camiño Francés 10 baixo; teléfono 54 29 30, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 7-3-1996.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 14-3-1996.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (D. Xeral de Saúde Pública). Edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela).

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Lázaro a partir das 10 horas do 25-3-1996.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional: 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes que se detallan no anexo III do prego de cláusulas administrativas.

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referenciais ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de emnpresas.

11. Informacións e firmalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 11.

14. Outras informacións: na dirección e servicio indicadas no punto 5.

15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 22-1-1996.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

98