Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso público para a contratación de cursos de formación en dirección operativa do programa Pimega'96.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) de cursos de formación en dirección operativa do programa Pimega'96.

1. Entidade contratante: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16, bajo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: (981) 54 11 87, fax: (981) 59 04 67.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público aberto.

3. Obxecto do contrato:

-Lotes 1.1, 1.2, 1.3 e 1.4: cada un consistente nun curso de formación na área xenérica nomeada «melloras de calidade e productividade».

-Lotes 2.1, 2.2, 2.3 e 2.4: cada un consistente nun curso de formación na área xenérica nomeada «aseguramento da calidade».

-Lotes 3.1, 3.2, 3.3 e 3.4: cada un consistente nun curso de formación na área xenérica nomeada «melloras nos procesos financeiros».

-Lotes 4.1, 4.2, 4.3 4.4 e 4.5: cada un consistente nun curso de formación na área xenérica nomeada «melloras nos procesos comerciais».

-Lotes 5.1 e 5.2: cada un consistente nun curso de formación na área xenérica nomeada «implicación do capital humano».

-Lotes 6.1 e 6.2: cada un consistente nun curso de formación na área xenérica nomeada «melloras nos procesos de xestión».

-Lotes 7.1, 7.2 e 7.3: cada un consistente nun curso de formación na área xenérica nomeada «desenvolvemento de habilidades directivas».

-Lote 8: curso de formación na área xenérica nomeada «técnicas de comercio exterior».

Cada un dos lotes consistirá no deseño, programación, organización e impartición do curso ós participantes no programa Pimega do Igape.

Os licitadores podrán presenta-las súas proposicións referidas a un, varios ou tódolos lotes ofertados, indicándoo no anverso do sobre de presentación da súa proposición.

4. Orzamento máximo de licitación: 26.620.000 ptas., distribuído entre os diferentes lotes tal como segue:

-Lotes 1.1, 1.2, 1.3 e 1.4: un millón oitenta mil pesetas (1.080.000 ptas.), sen incluír IVE, cada un.

-Lotes 2.1, 2.2, 2.3 e 2.4: un millón cincocentas setenta mil pesetas (1.570.000 ptas.), sen incluír IVE, cada un.

-Lotes 3.1, 3.2, 3.3 e 3.4: un millón oitenta mil pesetas (1.080.000 ptas.), sen incluír IVE, cada un.

-Lotes 4.1, 4.2, 4.3, 4.4 e 4.5: un millón oitenta mil pesetas (1.080.000 ptas.), sen incluír IVE, cada un.

-Lotes 5.1 e 5.2: seiscentas noventa mil pesetas (690.000 ptas.), sen incluír IVE, cada un.

-Lotes 6.1 e 6.2: un millón oitenta mil pesetas (1.080.000 ptas.), sen incluír IVE, cada un.

-Lotes 7.1, 7.2 e 7.3: seiscentas noventa mil pesetas (690.000 ptas.), sen incluír IVE, cada un.

-Lote 8: seiscentas noventa mil pesetas (690.000 ptas.), sen incluír IVE, cada un.

5. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas estarán de manifesto na sede do Igape, sita na rúa Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela (A Coruña) durante o prazo de presentación das proposicións os días e horas hábiles de oficina.

6. a) Data límite de recepción de proposicións: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Lugar de presentación de proposicións: en sobre cerrado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

7. Apertura de proposicións: en acto público, ás 13 horas do terceiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito na rúa Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

8. a) Fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación, segundo o número de lotes a que se presente proposición.

b) Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación do contrato.

9. Documentos que deben achega-los licitadores: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Clasificación no grupo III, subgrupo 3, categoría D.

11. Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas do concurso.

12. Outras informacións: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

626