Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Confederación Intersindical Galega do Ensino CIG-Ensino.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Confederación Intersindical Galega do Ensino, CIG-Ensino que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita confederación todos aqueles traballadores/as afiliados/as á CIG que presten, presetaran ou orienten a súa profesión a desempeña-los seus servicios nunha empresa pública ou privada, adicada á actividade educativa.

Asinan a acta de constitución: María Rosa Gómez Pereira e Concepción Álvarez Martínez.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9600476