Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación de Compañías Profesionais de Teatro de Galicia.

De acordo coa normativa legal vixente na materia, e para o seu coñecemento xeral, procédese a comunicar que:

No correspondente servicio desta dirección xeral foi depositado o día 5 de xaneiro de 1996 certificación da secretaria da Asociación de Compañías Profesionais de Teatro de Galicia, Mª Isabel Rivera Torres, co visto e prace do seu presidente, na que se fai consta-lo acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria celebrada en Santiago de Compostela o día 18 de abril de 1995, e que consiste na disolución da devandita asociación.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

96-649