Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 1996 Páx. 891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde

do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Ampliación das redes de sumidoiros e abastecemento da Cruz do Pouso, Escorial de Arriba, Escorial de Abaixo e o Cal (Neda-A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Bejón, S.A.

Orzamento: 29.410.400 ptas.

-Estación depuradora de augas residuais de Outeiro de Rei (Lugo).

Axudicatario: Antonio González Espina, S.A.

Orzamento: 95.753.288 ptas.

-Instalación do sistema de tratamento de fangos e outras melloras das plantas de auga potable da Telva (A Coruña).

Adxudicatario: Sae de Depuración de Aguas Degremont.

Orzamento: 147.766.361 ptas.

-Colectores de augas residuais, canalización do río Anllóns e EDAR, en Carballo (A Coruña).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 695.446.394 ptas.

-E.T.A.P. e abastecemento do Porriño e Mos (Pontevedra).

Adxudicatario: Cubiertas y Mzov, S.A.

Orzamento: 586.309.742 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

431