Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 844

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DA CORUÑA

POXA de armas.

Ás 9 horas do día 30 de marzo de 1996 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sita no lugar de Lonzas-San Cristovo, a poxa de armas composta de 190 lotes de armas, entre escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ó público os días 25, 26, 27, 28 e 29 de marzo, no dito acuartelamento, de 9 a 14 horas, momento no que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre cerrado e o prazo de entrega deles coas ofertas concluirá ás 14 horas do día 29 de marzo.

A elas poden concorre-las persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 11 de xaneiro de 1996.

José Luis García Sánchez

Tenente coronel primeiro xefe

589