Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 844

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA VIGO

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros Municipal de Vigo Caixavigo, na súa sesión do 28 de decembro de 1995, o teor do previsto nos estatutos da entidade da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral ordinaria. A reunión terá lugar o vindeiro xoves, día 15 de febreiro de 1996, na sala de conferencias do centro cultural Caixavigo, sito na rúa Policarpo Sanz, nº 13, desta cidade, ás dezaoito horas en primeira convocatoria, e ás dezaoito trinta horas do mesmo día, en segunda convocatoria, de conformidade coa seguinte orde do día:

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2. Aprobación, se é o caso, da xestión do consello, informe anual, balance, conta de resultados e proposta de aplicación de excedentes. Informe ó respecto da Comisión de Control.

3. Aprobación, se é o caso, das liñas xerais do plano de actuación anual.

4. Liquidación do orzamento de obra social 1995 e orzamento para 1996.

5. Informe da Comisión de Control sobre a súa actuación en 1995.

6. Lectura e aprobación, se procede, da acta pola asemblea.

Prégase ós conselleiros xerais que acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes, de xeito que non se demore o comezo da asemblea.

Vigo, 23 de xaneiro de 1996.

Ramón Cornejo Molíns

Presidente do Consello de Administración

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273