De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de
marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.
Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Vicente Piorno González e secretaria a María Teresa Calvo García.
O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán de un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegaren os documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8).
Pontevedra, 18 de decembro de 1995.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
Expediente: C-107/1995
Denunciado: Cristobal Cacheda Chouza
Último domicilio coñecido: Nanin-Cubela, 6 - Sanxenxo.
Feito denunciado: cazar frinxílidos sen autorización e con arte prohibida.
Precepto infrinxido: Art. 33.1º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.
Precepto sancionador: Art. 33 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.
Sanción: 75.000
Expediente: C-146/1995
Denunciado: José Carlos Leiros Sangabriel
Último domicilio coñecido: Núñez de Balboa, 46-2º Dta.-Vigo.
Feito denunciado: cazar xílgaros silvestres por medio dun reclamo natural.
Precepto infrinxido: Art. 33.1º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.
Precepto sancionador: Art. 33 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.
Sanción: 75.000
134