Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-47/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador, por infracción a Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquer momento do expediente poor algunha das causas previas no artigo 28 da mentada lei.

Os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular as alegacións, aportar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8).

Pontevedra, 18 de decembro de 1995.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-47/1995.

Denunciado: José Manuel Padin Baños.

Último domicilio coñecido: Fariña-Ferreño, 24 h. Vilagarcía de Arousa.

Feito denunciado: adestrar cans de caza nun lugar non habilitado para tal fin, carecendo da licencia de caza.

Precepto infrinxido: artigo 48.3º 30 da Lei 1/1970 de caza.

Precepto sancionador: 48 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción: 1.000.

96-275