Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: C.T. en edificio Rey Barral, Avda. Che Guevara.
Situación: Perillo-Oleiros.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm AL, de 80 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Rey Barral (Expte. 26.371) e final no C.T. que se vai instalar en Avda. Che Guevara nº 1. Centro de transformación tipo interior, de 1.000 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV e Avda. Che Guevara-Oleiros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 5 de xaneiro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
96-0133