Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 800

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recursos contencioso-administrativo número 01/0001911/1995 interposto por Gonzalo González García.

O 8 de xaneiro de 1996 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-admnistrativo nº 01/0001911/1995, interposto por Gonzalo González García, contra resolución da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros da Consellería de Educación do 17 de outubro de 1995 que desestima recurso contra outra da Delegación Provincial de Pontevedra, sobre reducción 3 horas lectivas por Xefatura de Seminario a Catedráticos Numerarios.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

0441