Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 1996 Páx. 800

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 141-1/1995).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Rosa Sousa Pérez e hijos (Electra del Foxo)

Enderezo social: 15129 Torelo-Vimianzo, 15000 Vimianzo.

Denominación: L.M.T. a 20 kV D.C. de Careixo. Central del Foxo.

Situación: Vimianzo.

Descripcións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, en dobre circuíto e con conductor LA-56, de 2.797 m de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento de Careixo, (Expte. 50325) de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e final na central hidroeléctrica del Foxo (Expte. 51647) Vimianzo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

0474